Persoalmente, creo que hai dous eventos celestes que toda persoa debe presenciar, se ten oportunidade, na súa vida. Un é o eclipse total de sol e outro é a observación dun cometa brillante como por exemplo o que parece que imos ter oportunidade de presenciar dentro de aproximadamente un ano.
Pasou xa tempo dende o último gran cometa que nos visitou (o Hale-Bopp en 1997 na fotografía superior). Aquela vez o cometa fora visible a simple vista durante 18 meses, e espertara un montón de expectación entre a xente. Esta vez o obxecto que nos visita aínda non ten un nome tan vistoso, defeito so ten o científico (C/2012 S1), pero o espectáculo que nos brindará será probablemente maior.
. Esta viaxante cósmico foi descuberto a pasada semana polos astrónomos Vitali Nevski e Artyom Novichonok usando a International Scientific Optical Network no observatorio ruso de Kislovodsk.
Nestes momentos atópase máis alá da órbita de Xúpiter polo que aínda non é observable a simple vista nin cun equipo de afeccionados, mais existe certo optimismo en canto ao brillo máximo que poderá acadar a medida que se acerque ao sol. Fálase de que pode superar incluso o brillo da lúa. Será observable ata finais de novembro do 2013.
De momento todo o que podemos facer é marcar a data no calendario para non perdernos tan asombroso evento.