Chronicle (2012)

Director: Josh Trank.

Actores principais: Dane DeHaan, Alex Russell e Michael B. Jordan.

2012

Sinopse:

Andrew é un rapaz solitario; o máis semellante a un amigo que ten é o seu propio primo, Mat; métense con el na escola; o seu pai é un borracho que o maltrata e a súa nai, a única que de verdade o aprecia, está gravemente enferma.

Así é que cando se lle presenta a oportunidade de ir a unha festa do instituto nun bosque próximo, rexeita tal posibilidade; porén, despois de moito insistir, Mat consigue convencelo de ir á festa que lle cambiará a vida.

En efecto, algo atopan no bosque, algo que lles outorga estraños poderes telequinésicos…

Crítica:

A frase que mellor describe esta curiosa película: “Non é mala”.

O mellor que ten é o feito de te sentares sen agardar nada da película e atoparte con algo, mellor do que agardabas.

Por un lado temos o xogo coas cámaras, ó máis puro estilo “The Blair Whitch Project”; comentemos esta escolla que lle da un interesante toque ó filme.

Por suposto, para poder introducir tal artimaña, tívose que facer un argumento acorde, compoñer o guión de xeito que o protagonista tivese unha cámara coa que gravara as escenas cotiás para podermos seguir a trama sen problemas. Deixando isto a un lado, gáñase un aspecto orixinal, ameno e incluso con certo encanto que nos leva dunha escena á seguinte sen necesidade de explicar detalles intermedios que noutras películas poden ser ata molestos e aburridos.

Agora ben, combinar esta estética co que o guión require ó final do filme si que supón unha grande imaxinación e tolerancia por parte do espectador, pois as escusas que se lles chegan a ocorrer ós guionistas nas últimas escenas para podernos amosar o acontecido é cando menos, forzado.

Se xa pasamos ó argumento en si, atopámonos con algo que intenta evadirse do común, quere emular ás películas dos chamados antiheroes pero á vez, darlle un toque máis próximo, e aquí é onde lle debemos recoñecer os méritos ó filme, pois en certo modo, chegamos a meternos de verdade na trama, chegamos a compadecer e odiar a Andrew…

Por último, resaltarei un detalle que chama a atención: o estilo “in crescendo” na acción e sucesos ata chegarmos ó apoteótico final.

Así pois, esta é unha película que recomendaría como entretida, pero non se tes ganas de algo que te marque.

Valoracións:

  • IMDb:               7.1
  • Filmaffinity:     6.1
  • Persoal:           7
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s