A bioluminiscencia

A maioría dos aparellos que usamos día a día empregan tecnoloxías creadas polo home nos últimos dous séculos …

Estamos tan seguros?… Eu creo que non. Estas tecnoloxías levan creadas MILLEIROS DE SÉCULOS. E é que a moitas das “nosas” creacións non so xa teñen un modelo equivalente na natureza senón que estas están normalmente máis perfeccionadas. Un exemplo son as lámpadas, o seu equivalente natural son os seres luminescentes.

A bioluminescencia é o mecanismo polo cal estes seres conseguen a luz e supón un proceso moi eficiente enerxéticamente falando. Para facernos unha idea: se unha lámpada incandescente aproveita apenas un 10% da enerxía aportada, a bioluminescencia aproveita entre un 80% e un 90% (e ademais sen gastar cartos). Sen dúbida un dos casos máis abraiantes de bioluminescencia é o do lucecú:

O lucecú é un coleóptero pertencente á familia Lampydae, a cal é unha das poucas familias de animais terrestres bioluminiscentes. Estes insectos xeran luz mediante un órgano especial situado baixo a cutícula, normalmente na parte inferior do abdome.

Pero a bioluminescencia non é un capricho estético da natureza. É un mecanismo desenvolvido ao longo dos séculos para cumprir unha función específica, no caso do lucecú, estes utilízana para o recoñecemento das distintas especies e a selección sexual. Cada especie de lucecú emite luz con una lonxitude de onda diferente. Este mecanismo  supuxo unha vantaxe evolutiva xa que permitiu o illamento reprodutivo de diferentes especies de lucecú máis rápido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s