O reloxo estrelar

Cando nunha noite estrelada miramos cara o ceo o que vemos é unha imaxe estática de diminutos puntos luminosos adornando a chamada bóveda celeste. Mais isto non é máis que unha ilusión. Se observamos a posición dunha estrela próxima ao horizonte, con respecto a unha árbore ou edificio que se encontre preto observaremos que a estrela ascende se miramos cara o leste (cara onde se puxo o sol) e que descende se miramoa cara o oeste. En media hora o desprazamento será claramente perceptible. É máis se observamos cunha lente que multiplique por 100 os aumentos da nosa visión, a estrela desaparecerá do obxectivo nuns segundos.

Unha observación máis minuciosa mostrará que todos incluída a lúa describen círculos concéntricos ao redor dunha estrela situada xusto no norte da bóveda celeste, a famosa Estrela Polar. Senón vedes claro e o queredes comprobar dunha maneira máis rigorosa, podedes apuntar cunha cámara que dispoña capturador de longa duración, e sacar unha fotografía de polo menos 5 minutos, e obteredes unha imaxe similar a seguinte:

Pero… quen xira, o ceo ou nós?

Unha vez comprobado que as estrelas se moven sobre a bóveda celeste, falta por comprobar quen provoca dito movemento. Caben dúas explicacións que sexa o ceo o que rote ao redor da Estrela Polar ou que sexa a rotación da Terra a que provoca esa ilusión. Evidentemente, a razón de este aparente movemento é a rotación terrestre.

Logo cal é a razón de que a estrela polar permaneza fixa no ceo?

Pois a razón ten a súa lóxica, a estrela polar atópase xustamente no enriba do eixe de rotación da terra polo que para nós, esta estrela é o centro de rotación da demais estrelas. Todo isto é valido para a observación dende o hemisferio norte, porque a estrela Polar non é visible dende o hemisferio sur, e tampouco teñen a sorte de ter unha estrela enriba do eixe de rotación terrestre do sur.

Como xa vimos o movemento das estrelas está causado pola rotación terrestre, polo que se coñecemos a posición das estrelas poderemos estimar a hora na que estamos. Así que a próxima vez que se lle preguntades a hora a alguén e este en vez de mirar para a o reloxo de man mira cara ao ceo non vos estrañedes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s