O Proxecto da Meiga de Blair (1999)

Directores: Daniel Myrick, Eduardo Sánchez.
Actores principais: Heather Donahue, Michael C. Williams e Joshua Leonard.

The Blair Wich Project

Sinopse:

Tres rapaces, teñen entre mans facer un documental sobre a lenda da Meiga de Blair, un mito dunha pequena vila estadounidense. Para conseguilo, fan unha incursión no bosque onde anos atrás sucederan feitos terribles…

Despois dun ano da súa desaparición, atópanse as gravacións dos arrepiantes sucesos que a estes rapaces lles sucederon mentres gravaban o documental.

Crítica:

A Meiga de Blair é como unha montaña rusa, ti sobes a ela sabendo o que fas, sabes que despois dun rato de subida ven o acelerón da caída, trepidante. Así, montas na cadeira de brazos e empezas a subir, e emociónaste, non porque a subida sexa emocionante, nin moito menos, se non porque sabes que en canto deixes de subir vas a baixar todo de golpe. Pois ven, nesta película, unha vez chegas arriba é todo plano.

mans

En efecto, é unha película de medo, que sabe crear moi ben o ambiente oportuno para causar terror entre os espectadores, pero falla á hora de usalo para conseguir a agardada conclusión. Isto, sumado ás aburridas esperas que hai entre escenas interesantes deixan o que puido ser unha hora e media que lembrarás o resto da túa vida en algo, cando menos, decepcionante.

Ben é certo que se a entendemos no seu contexto tivo un gran mérito, cun presuposto duns 20 000 € sitúase no posto das películas máis rendibles da historia do cine, en gran parte grazas á espelida campaña publicitaria, que fixo crer ó público que as imaxes foran reais.

Por outro lado, é importante destacar o tratar da cámara, pois usa a primeira persoa para acercarnos máis á trama e ós protagonistas.

Valoracións:

  • IMDb:              6.3
  • Filmaffinity:    5
  • Persoal:         6
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s