A pedra de Rosetta

Podemos diferenciar as tres partes, en cadanseu idioma, que compoñen a pedra.

Seguramente vos tedes preguntado como os arqueólogos poden entender os textos xeroglíficos exipcios. Pois aquí temos un dos principais “dicionarios de tradución”. A pedra de rosetta é unha pedra de cor escura dividida en tres partes. Cada parte contén tallado un texto escrito en tres idiomas diferentes antigos con practicamente o mesmo contido. Ditos idiomas, ordenados dende o superior ao inferior, son o exipcio xeroglífico, o exipcio demótico e en grego. 9TZF6PNRTJFN

Foi atopada polos franceses, nunha expedición ordenada por Napoleón e dirixida por Pierre-François Bouchard, na cidade portuaria exipcia de Rashid (Rosetta), de aí o por que do seu nome. Máis tarde tras unha derrota militar francesa a man dos británicos a pedra pasaría a ser posesión destes últimos. Eles expoñerían dita pedra no British Museum en 1802, sitio onde permanece agora exposta.

O contido do texto

O texto é un decreto emitido en Menfis no ano 192 a.C. pouco despois da coronación do faraón Ptolomeo V. Nela un grupo de sacerdotes ordenaba o culto ao novo faraón.  Unha tradución única é moi dificil debido as pequenas diferenzas entre os disitintos idiomas, mais a continuación ofrecemos unha tradución orientativa dun fragmento do texto de dita pedra recollida no libro de  Edwyn R. Bevan en The House of Ptolemy (1927):

No reinado do mozo —quen recibiu a realeza do seu pais— señor das coronas, glorioso, que consolidou Exipto e é piadoso cara os deuses, superior aos seus inimigos. Restableceu a vida civilizada do home, señor das Festas dos Trinta Anos, como Hefesto o Grande; un faraón, coma o Sol, o gran faraón das altas e baixas rexións, descendente dos Deuses Filopatores, a quen Hefesto aprobou, a quen o sol lle deu vitoria, imaxe vivinte de Zeus, fillo do Sol, Ptolomeo eterno amado por Ptah; no noveno ano, cando Aëtus era sacerdote de Alexandro […] …estando reunidos no templo de Menfis neste día, declararon: Desde que reina o faraón Ptolomeo, o eterno, o amado de Ptah, o deus dos Epífanes Eucaristos, o fillo do rei Ptolomeo y a reina Arsínoe, deuses Filopatores, foron moi beneficiados tanto os templos coma os que viven neles, ademais de todos os que del dependen […]. Pareceunos ben aos sacerdotes de todos os templos aumentar considerablemente os honores existentes ao faraón Ptolomeo […]. Celebrarase unha festa polo faraón […] anualmente en todos os templos da terra desde o primeiro de Tot durante cinco días nos que se deben lucir guirnaldas, realizar sacrificios e outros honores habituais […] o seu clero inscribirase a todos os documentos formais e os particulares tamén poderán celebrar a festa, erixir o mencionado altar, y telo nas súas casas, realizando os honores de costume nas festas, tanto mensual como anualmente, co fin de que poda ser coñecida por todos os homes de Exipto a magnificencia e o honor do Deus Epífanes Eucaristos, o faraón, de acordo coa lei.

Non cabe dúbida da importancia deste obxecto histórico, e por iso que aínda persiste hoxe en día a loita entre Exipto e Reino Unido pola posesión de tan prezada pedra nos museos de cadanseu país, como ocorre con outros moitos patrimonios culturais.

Máis información | British Museum

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s