Un dos campos tecnolóxicos con máis futuro é o do da nanotecnoloxía, en concreto o campo da creación de novos materiais a partir do carbono. Gracias as ferramentas que ofrece a nanotecnoloxía, podemos xogar coa propia estrutura das moléculas. Isto tradúcese en milleiros de posibilidades para crear novos materiais con propiedades á medida das nosas necesidades.
Un destes materiais de recente creación é o aerografito. Este material é moi especial xa que pode presumir de ser o material máis lixeiro do mundo. Para que vos fagades unha idea mentres que a súa densidade é de 0,2 mg/cm3, a densidade da auga destilada a 4 graos e 1 atm é de 1000 mg/cm3. Este material é practicamente tan lixeiro como o aire, de feito 99,9% de aerografito é aire.
Esta formado por unha rede porosa interconectada de carbono tubular (ver imaxe). Foi desenvolvido por un equipo de investigadores das universidades de Kiel e de Hamburgo.
As posibilidades deste material son inmensas xa que aparte da lixeireza, este material pode comprimirse ata o 95% do seu tamaño (coma se fose unha esponxa), ademais é un moi bo condutor eléctrico. Estas propiedades permitirían usalo por exemplo, para a fabricación dunha nova xeración de pilas e baterías máis eficientes e lixeiras.