A orixe dos topónimos galegos (I): Ourense.

Comezamos con este artigo unha serie coa cal queremos dar a coñecer un pouco a orixe dos nomes das principais cidades galegas. Trátase dun tema moi interesante mediante o cal aproveitaremos tamén para dar coñecer algúns dos principais reclamos de cada poboación galega. Moitos dos datos aquí recollidos podedes encontralos de forma máis ampliada nun libro que recomendo encarecidamente, Toponimia de Galicia de Fernando Cabeza Quiles.

Como xa puidestes observar este artigo dedicarémosllo a capital de provincia do surleste galego: Ourense. O nome desta cidade posúe varias teorías alternativas que explican a súa orixe. Unhas dinos que dito topónimo provén da verba latina aquae urente (auga abrasadora) ou da xermánica warmse (lago quente) facendo referencia ás burgas, un manancial de auga quente que se atopa no medio da cidade, e que é un dos principais atractivos da cidade.

auga quente natural
A temperatura coa que emana a auga pode chegar aos 70ºC.

No entanto, a teoría máis aceptada polos expertos, dinos que Ourense, provén de A Cidade do Ouro (Auriense); o nome que lle deron os romanos á cidade. A razón deste nome provén a abundante fonte de ouro que había no lugar, recollíase da mesma beira do río Miño. Este valioso recurso concedeulle unha gran importancia dentro da Hispania romana, importancia que perdería co esgotamento das reservas.

E falando de Ourense non podemos obviar que esta cidade tamén posúe un nome ficticio que aparece na literatura galega. Auria foi o nome co que Blanco Amor bautizou á cidade na que desenrolaría tres das súas principais obras. De feito, se tedes oportunidade de visitar Ourense (algo que deberíades facer se non o fixestes aínda), poderedes percorrer o itinerario que seguen os protagonistas da Esmorga durante a novela.

Máis en erdati | A orixe dos tópinimos galegos

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s