Intocable (2011)

Directores:  Olivier Nakache, Eric Toledano

Actores: François Cluzet, Omar Sy e Anne Le Ny

critica
Os dous protagonista do filme, na silla de rodas Philippe e de pé, Driss.

Sinopse:

A vida de Philippe, vai a dar un drástico xiro despois dun fatal accidente que o deixa tetrapléxico.

Sen se poder valer por si só, cunha filla en plena adolescencia e sen muller, o único que lle queda é a súa gran fortuna.

Terá que agardar ata que, buscando un coidador persoal, da con Driss, un home marxinal dos suburbios que busca pouco máis ca cobrar o paro cada mes.

Análise:

Aínda que a sinopse poida semellar a dunha película perfectamente predicible na que se tira máis de tópicos ca de bonita banda sonora (en efecto a banda sonora dálle un gran toque ó filme), non debemos xulgar o libro pola portada.

Así, atopámonos cunha película que dentro do drama trata cun certo toque de humor negro as desventuras de dous homes que precisan un do outro para darlle ás súas vidas os cambios que precisan.

Dicir ademais, que, como veredes ó final das dúas horas (aproximadamente) que dura, estavos baseada en feitos reais.

En conclusión, recomendo que vexades este filme, non vos atoparedes cunha obra mestra do cine pero de seguro que pasaredes un bo rato.

Valoracións:
IMDb:              8.6

Filmaffinity:    8.1

Persoal:         8.2

Advertisements

One Comment Add yours

  1. artai di:

    Non me adoita a gustar o humor negro, pero nesta película utilízase dun xeito moi sutil co que ninguén se sentirá ofendido. Para min, esta é unha das películas que recomendaría.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s