A orixe dos topónimos galegos (II): Lugo.

Seguimos pois, a nosa viaxe polas cidades galegas explicando o porque dos seus nomes. Viaxando cara o norte atopámonos coa seguinte capital de provincia: Lugo.

Malia existiren outras teorías alternativas que explican o porque do seu nome, a mais coñecida pola xente é a que afirma que Lugo provén do étimo latino Lucus -“bosque sagrado”-, dita forma evolucionaría foneticamente dun xeito natural coa sonorización do c que se convertería nunha g e o u tónico manteríase  a diferenza do u final, que evolucionaría transformándose nun o, do mesmo xeito que en campo (campus) ou servo (servus).

O certo é que a cultura latina influíu moito nesta cidade. A parte do seu antigo nome, Lucus Augusti, en referencia ao emperador romano no momento da fundación da cidade; os romanos deixarían unha forte pegada que é observable hoxe en día. Tan so hai que reparar na asombrosa muralla de orixe romano que rodea a o núcleo de dita poboación. Cunha lonxitude de 2,3 km, a fortificación lucense trátase dun dos patrimonios mellor conservados da época romana a pesar das poucas reparacións que se lle fixeron ao longo da historia. E máis na actualidade existe unha festa, o Arde Lucus, na cal toda a cidade se transporta 2000 anos atrás no tempo e intentan recrear como era a cidade na época dos romanos.

Unha impresionante imaxe do principal monumento lucense.

Mais, existen teorías alternativas que relacionan o nome da cidade coa cultura celta. Ditas teorías baséanse no feito de que o deus Lug, deus da luz, dera nome ao lugar; debido a que a través das epigrafía sabemos que foi venerado na zona da provincia de Lugo.

Máis en erdati | A orixe dos tópinimos galegos

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s