Estamos nas vésperas de Halloween, nesta época as rúas énchense de todo tipo de personaxes peculiares: vampiros, meigas , cabazas diabólicas…
A pesar de que cada vez é unha festa máis comercial, moita xente segue celebrándoa e disfrazándose, buscando provocar medo (ou polo menos risa) ao resto. Sen embargo, hai algo que diferencia a Halloween do resto de festas do calendario, e é o uso de emocións negativas (o medo, o susto) para divertir.
Pero non so está Halloween: moita xente consume películas, libros, videoxogos de terror. Pero… Porque o facemos? O facemos porque dalgunha maneira gústanos pasar medo?
Dende un punto de vista biolóxico, o medo é unha resposta do noso organismo a un estímulo negativo, a un perigo como pode ser un depredador. É polo tanto un mecanismo de supervivencia.
Se o pensamos dunha forma racional non ten ningún sentido activar artificialmente este mecanismo. Non si?
Realmente o medo que pasamos cando vemos una película de terror non ten nada que ver co que viviríamos se a situación que nos provoca medo fora real. Dalgunha maneira, o medo que che produce unha película é controlado, xa que en calquera momento podemos pechar os ollos e deixar de percibir o estimulo que nos inquieta.
Ademais sabemos que este estímulo nalgún momento acabará. Nese intre sentiremos unha sensación de alivio o que producirá un lixeiro momento de pracer ao noso cerebro. Como o ser humano sempre tratara de evitar aquelas experiencias dolorosas e escoller as pracenteiras, asociaremos as películas de terror como algo positivo.
En resumidas contas, durante este Halloween pasade moito medo, os vosos cerebros volo agradecerán.
Boa suposición! Non o pensara desa maneira. Ó final, os que se van de masocas son en realidade uns viciosillos…