Se ti es un habitante deste planeta deberías saber que o mundo rematará tal e como o coñecemos o vindeiro 21 de decembro, pecharase unha etapa do home na Terra para comezar unha nova. Ou polo menos isto é o que din centos de persoas, baseándose na fin dun ciclo do Calendario Maya.
Se facemos un pouco de memoria todos recordaremos todo o que se dixo sobre o que ocorrería ao pasar do 1999 ao 2000. Obviamente todas aquelas predicións foron falsas, rapidamente se nos ven á cabeza a pregunta de cantas veces puido ocorrer isto antes, é dicir: Cantas veces se predixo un fin do mudo que ao final se quedou en nada?.
Para aqueles que non estean tan convencidos de que o mundo remate nunhas semanas vai esta recompilación de profecías que auguraban a apocalipse e que obviamente no eran certas.
Lista te apocalipses falsos:
1. Cometa Halley, 1910
A aparición do cometa Halley no 1910, viuse nun principio como o presaxio da fin dos días. Moitos pensaron que a cola do cometa contiña un gas que impregnaría a atmosfera.
2. Testemuñas de Xeobá, 1914
Dende a súa fundación en 1870, as testemuñas de Xeoba profetizaban que a fin do mundo chegaría en 1914, como obviamente nada diso ocorreu, dende entón, os seguidores da relixión predín que o mundo rematará “en breve”.
3. Efecto Xúpiter, 1982
En 1982, dous astrofísicos profesionais, John Gribben y Plagemann Esteban, Aseguraron que unha estraña aliñación dos nove planetas daría lugar a unha forza gravitatoria que suporía enormes tensións das placas tectónicas , causando terremotos e cambios climáticos severos
4. Porta do ceo, 1997
Trinta e nove membros do grupo relixioso, Porta do Ceo, suicidáronse en California cando o cometa Hale-Bopp estaba no seu punto máis próximo á Terra en 1997. O grupo cría que un OVNI montado en na estela do cometa rescataríaos da Terra
5. Efecto 2000
Un equipo informático publicou o posible cataclismo que podía ocorrer o 1 de xaneiro do ano 2000. Un error informático a escala global podería colapsar as máquinas e ordenadores facendo do mundo un caos absoluto. Esta teoría apocalíptica bautizouse como o Y2K.
6. Gran colisionador de Hadróns, 2009
Cando o Gran Colisionador de Hadróns comezou en setembro de 2009, algúns críticos especularon que o acelerador de partículas podería xerar un burato negro que devoraría a Terra
Isto sen contar que en datas con números curiosos sempre hai xente que se lle ocorre prognosticar a fin do mundo, isto sucedeu en anos como no 1666, no 1000 e no 1033.
En resumen, ao ser humano demostrou ao longo da historia que lle encanta ter que estar continuamente preocupado por algo, ata o punto que se atopa que nada lle preocupa pode chegar a inventarse un fin do mundo para “pasar o rato”.