Ben coñecida é a ecuación de Albert Einstein de “E=mc2“, pero, saben todos o que significa?
Para quen non o saiba alí vos vai unha pequena explicación.
Nesta ecuación, “E” significa “enerxía”, “m” masa e “c” é como se representa en física á velocidade da luz no baleiro (que se corresponde cun valor aproximado de 300 000 km/s, case nada).
En efecto, a relación implica que a materia se pode transformar en enerxía e a enerxía en materia; é máis, debido ó alto valor de “c2” cunha pequena cantidade de masa acadaremos enerxías enormes.
Aínda que no mundo cotián non adoitamos a ver estas transformacións, alí vos vai un exemplo:
Podemos “pesar” as compoñentes dun átomo por separado (neutróns+protóns+electróns) e comprobaremos que a operación da un resultado maior do que pesa o átomo unha vez unidas as partes. Isto é así debido a que no proceso de unión despréndese gran cantidade de enerxía e precisamente esta enerxía coincide, se lle aplicamos a devandita ecuación, coa masa que perdeu o noso átomo.
2 Comments Add yours