Que necesitas para intercambiar a auga e o whisky de vasos?

WhiskyNunca vos preguntaron como cambiar de vaso dous líquidos, neste caso whisky e auga, sen usar un terceiro vaso? Probablemente o último que se vos pasa pola cabeza é facer o que podemos ver no seguinte vídeo. A primeira vista pode resultar case un efecto da maxia, mais tan só estamos vendo unha manifestación das leis da física.

A clave deste sinxelo pero asombroso experimento está, como moitos xa poderiades intuír, nas densidades. As substancias menos densas tenden a situarse por enriba das máis densas. No noso caso o whisky está composto basicamente por auga e alcohol etílico, cuxa densidade é bastante menor á da auga. Como este último adoita a supoñer 40% do contido total isto provocar que a densidade do whisky sexa menor que á da auga pura. Polo tanto se colocamos a auga encima do whisky a natureza tenderá a reordenarse, e colocar o whisky por encima.

Se vos fixades,  a tarxeta separa practicamente os dous vasos, tan so deixa unha esquiniña cara a esquerda para que flúan os líquidos. Isto serve para que os líquidos se intercambien lentamente sen que estes cheguen a mesturarse.

Dende aquí animámosvos a probalo na casa ou durante unha festa cos amigos, é moi fácil e seguro que deixades a máis de un coa boca aberta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s