A chegada do inverno

Castiñeiro nevado

Tras sobrevivir unha vez máis (e xa van unhas cantas) a unha nova fin do mundo, entramos nunha nova estación. Concretamente o inverno comezou as 12:12 (GMT+1) do día de onte. Trátase da estación máis curta do ano e acompañaranos ata 20 de marzo de 2013.

Como moitos xa saberedes, as estacións terrestres veñen rexidas polo grado de inclinación do eixe de rotación terrestre e non pola distancia ao astro central (de feito durante o inverno a terra atópase no perihelio, a posición máis próxima ao Sol). No inicio do inverno o eixe de rotación alcanza a súa inclinación máxima (uns 27º) e durante uns días a súa altura máxima ao mediodía non cambiará, de aí o nome de solsticio (sol quieto).

Este día tamén se corresponderá co máis curto do ano, 9 horas e 10 minutos aprox., que terá unha considerable diferenza con respecto ao mais largo, 15 horas e 5 minutos. Esta diferenza dependerá moito da latitude a que nos atopemos, sendo nula no ecuador e máxima nos polos (o Sol pode permanecer visible ou non aparecer durante as 24 horas do día, segundo o hemisferio no que nos atopemos).

A continuación deixámosvos un vídeo cunhas espectaculares imaxes invernais filmadas no parque natural de Yosemite (EEUU), que nos lembran o marabillosa que é esta estación.

Máis información sobre os eventos deste inverno | IGN

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s