Os virais: fenómenos de masas

Ben é sabido por todos que a aparición de internet supuxo unha nova forma de comunicación de masas, con el trouxo fenómenos sociais que sen internet non poderían existir, un destes fenómenos son os virais.

Os virais poden adoptar moitas formas: pode ser unha imaxe, un vídeo, unha páxina web, un hipervínculo  ou ata unha frase. A principal característica que presentan todos eles é a rápida forma que teñen de espallarse pola web.

viral

Nunhas cantas semanas un destes  arquivos pode chegar a un gran grupo de xente a través da súa transmisión polos medios de comunicación de masa como as redes sociais, os blogs, os correos electrónicos, as noticias…

A peculiar forma de espallarse é o que lle da o nome a estes vídeos xa que o fan do mesmo xeito que o fan os virus, dunha persoa pasa a un grupo de elas e de cada unha das persoas do grupo volve pasar a outro grupo e así sucesivamente, é dicir o número de persoas “infectadas” crece de forma exponencial.

De feito, estes fenómenos son tan efectivos que moitas veces son usados polos publicistas para poder chegar cun anuncio a unha gran masa de xente sen ter que gastar moitos cartos. A rama da publicidade que estuda estes fenómenos é a do marketing viral.

A continuacion recompilamos algúns dos vídeos virais que alcadaron máis sona. Recordades algún?

Lémbrovos que  podedes completar a lista comentando aqueles videos virais que máis recordades ou que máis vos gustaron e que credes que tamén deberían aparecer na lista.

Star Wars kid

Numa numa

Charlie bit my finger-again!

Niño alemán loco

Por último o femomeno viral máis recente, o primeiro vídeo que acadou as mil millóns de visitas en YouTube, o Gangnam Style:

Advertisements

5 Comments Add yours

  1. dufresnizado di:

    Non sei se chegou a ser viral pero espallar espallouse o seu:

    1. Non tiña nin idea pero ao parecer si que foi outro meme con moita sona; o video vai dun tal Leroy Jenkins que a caga moito no WoW

  2. artai di:

    Ao final faltouche poñer un dos míticos… Nyan Nyan Nyan Nyan Nyan… [e así ata infinito] cat:

    1. Para iso é: poñer todos é imposible por iso abro a posibilidade de que os lectores compartan os seus favoritos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s