Imos presentar neste artigo unha noticia que nos afecta directamente, é por iso que queremos comentala no blog.
Non é do noso agrado pero ao parecer recentes estudos afirman que o galego non é unha lingua axeitada para escribir artigos científicos.
O grupo de análise que fixo o estudo presentou todos aqueles motivos polos cales pensan que o galego non se debería usar en textos científicos:
1.
Carece de tradición científica: Non existen moitas publicacións científicas importantes en galego, polo que é moito máis difícil publicar novo material en galego sen as bases sólidas que teñen outras linguas.
2.
Esta destinado á desaparición: O galego é un idioma ao que posiblemente desapareza nun período medio de tempo, non ten moito sentido seguir escribindo artigos científicos xa que dentro duns anos non haberá case público que o entenda.
3.
Non ten un léxico axeitado: O léxico do idioma galego non é especialmente rico en termos científicos polo que a labor de redactar os artigos en galego é moito máis difícil que en outras linguas.
Temos que admitir que é unha noticia devastadora para este blog xa que nós tratábamos moitos temas científicos na nosa lingua.
E por estas razóns, dende este blog vémonos obrigados a renunciar a un destes dous; ou ao galego ou a ciencia xa que son incompatibles, a nosa decisión foi deixar de publicar artigos científicos.
Se alguén non está de acordo coa noticia que faga a favor de ler só as iniciais de cada parágrafo.
Isto recórdame á que se montou onte en Twitter cando GALICIAENFURECIDA comezou a falar en castelan e con letras minúsculas…