Amantes da curiosidade, exploradores da cultura, eruditos do saber, dende Erdati nos diriximos a todos vós, nosos lectores, nestas datas.
2012 foi un ano variado, descubrimos que realmente os mallas predixeran a chegada do Gangnam Style ás 1 000 000 000 de visitas no canto da fin do mundo, un home superou a velocidade do son sen sen máis axuda ca da gravidade, etc.
E por suposto, apareceu un modesto blog chamado Erdati.
Iso é, apenas levamos tres meses en liña e non contamos con demasiados artigos, pero non podemos facer máis ca agradecervos o voso entusiasmo que nos fai medrar e madurar día a día.
Agardamos un 2013 próspero convosco ás nosas costas, agardamos un 2013 cheo de grandes momentos que paguen a pena ser contados.
Deixando tópicos atrás, pasade un 2013 que sexa digno de lembrar en 2014, e que carallo…
FELIZ ANINOVO!