Xa está aquí a primavera

Flor da Cerdeira

Chegou a primavera, concretamente as 12:02 do día de onte 20 de marzo, e esta acompañaranos durante os próximos 92 días nos cales a natureza espertará do seu letargo invernal para volver a  mostrarse en todo o seu esplendor. Esta estación como as demais ven dada pola inclinación do eixe de rotación da Terra respecto á súa órbita plana. Concretamente neste caso, xustamente no cambio de estación, o sol incide perpendicularmente ao ecuador de forma que fai que a duración do día e da noite se igualen dando desta maneira o nome de equinocio de primavera a este día.

O certo é que os cambios de estación inflúen máis do que pensamos en aspectos como pode ser a nosa personalidade. O feito de que comece a haber máis horas de sol, provoca o aumento na produción de hormonas como a melatonina, e que farán que en xeral a nosa percepción das cousas sexa máis optimista e que o noso carácter se faga máis alegre e animado. Incluso existen estudos sociais que indican que a primavera é unha das épocas nas que máis aumentan as relacións sexuais contribuíndo tamén ao benestar emocional. Resumindo, o vello refrán que di que “a primavera a sangue altera” parece que non está moi desencamiñado despois de todo.

Sen máis, deixámosvos cun impresionante time-lapse que nos ensina a cámara rápida o florecemento de distintas flores, moi adecuado para esta época.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s