A historia dos renos da illa de San Mateo

38_fd0928d24852ff780fc9af58a1983894-617x404

Moitas veces non somos conscientes do fráxiles que poden chegar a ser os ecosistemas. Accións como explotación desmesurada dos recursos existentes case sempre acaban tendo resultados fatais. Un exemplo do que pode causar esta sobre-explotación é o ocorrido na remota Illa de San Mateo, en Alaska.

Durante a 2ª Guerra Mundial o corpo de gardacostas dos Estados Unidos decidiu instalar un sistema LORAN (LOng RAnge Navigation, navegación de largo alcance), unha rede de localización que funcionaba con sinais que permitía a localización dos barcos axudándolles na navegación. Para iso enviaron 19 homes que estableceron unha base para operar dita estación. Ese grupo de homes constituíu a única poboación humana da illa. Xunto a eles tamén liberaron pola illa 29 renos como reserva de comida para emerxencias.

Co remate da guerra, en 1945, o sistema instalado fíxose prescindible polo que o grupo de homes puido volver á súa casa deixando aos renos abandonados na illa sen imaxinarse que ditos renos protagonizarían un curioso experimento biolóxico.

Tras a marcha dos operadores do sistema de localización ningún humano volvería a pisar este remoto lugar ata 1957, cando o biólogo Dave Klein visitou a illa. Para a súa sorpresa a adaptación dos renos a illa fora impresionante, a abundancia de recursos e a inexistencia de depredadores fixeran que a poboación de renos crecera exponencialmente. El e o seu axudante chegaron a contar 1350 renos todos eles dun gran tamaño e cunhas boas reservas de graxas.

Foto sacada polo propio David Klein na súa visita en 1957.
Foto sacada polo propio Dave Klein na súa visita en 1957.

Non foi ata o verán de 1963 cando Dave Klein volveu a illa. Daquela a poboación dos renos ascendía a 6000. Pensádeo, en 6 anos a poboación multiplicouse por 5. Nesta visita Klein xa observou un esgotamento  dos liques, o principal alimento dos renos empezando a imaxinar o terrible destino que lle esperaba a esta prospera poboación de renos.

A dificultade de encontrar medio de transporte e mais outros traballos nos que estaba involucrado o científico, impediríanlle regresar á illa de San Mateo ata tres anos despois, en 1966. A escena que se atopou ao chegar foi desolador, unha morea de esqueletos de renos estendíanse pola superficie das illas. A poboación de renos reducírase a tan só 42 individuos, 41 femias e 1 macho estéril. Resulta que o inverno de 1963-1964 fora especialmente duro, e tan só iso unido a escaseza de alimentos provocada polo excesivo número de renos, bastara para condenar a desaparición da especie en dita illa.

Finalmente na década de 1980 morrería o último reno da illa, quedando borrado da historia a existencia dunha poboación de renos nesa illa.

Grafica da evolución exponencial dos renos.
Grafica da evolución exponencial da poboación dos renos.

Tras este suceso, un pode aplicar o ocorrido ao caso da crecente superpoboación do ser humano no planeta. Todos sabemos que os recursos do noso planeta son limitados e mentres tanto a presenza segue crecendo descontroladamente. Xa imos polos 7 000 millóns de humanos. Do mesmo xeito ca no caso dos renos, sabemos que fai a natureza cando unha poboación supera o límite de consumo de recursos, por iso a min xúrdeme a seguinte pregunta: cal é o tamaño da nosa illa?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s