Cal será o futuro da especie humana?

Durante miles de anos o ser humano como especie foi modificando as súas características ata chegar a ser como somos hoxe, o aumento da capacidade cranial ou a modificación da cadeira para poder adoitar unha posición ergueita  son exemplos de cambios que sufrimos causados pola acción da selección natural na especie.

Pero, como seremos no futuro? O proceso evolución que vivimos ata agora seguirá o seu curso ou pola contra este xa parou e estamos nunha etapa de estancamento?

descarga

A maioría das cousas que poidamos dicir sobre o futuro da especie humana son especulacións, pero … A quen non lle gusta especular? O primeiro pensamento que se nos ocorre cando pensamos no futuro da especie é que se levamos milleiros de anos sufrimos cambios porque agora tiñamos que parar.

Segundo moitos científicos o proceso de evolución como a coñecemos agora parou. Nos grupos de seres humanos modernos xa non actúa a selección natural, os individuos máis débiles, aqueles que levan trazos na súa xenética que lles dificulta vivir e reproducirse, non morren, xa que a medicina ten medios suficientes para curar moitas enfermidades xenéticas que nun pasado suporían unha clara desvantaxe. Polo que a selección natural non poderá actuar tan rápido como ata agora actuaba.

A evolución humana está estancada a medio prazo, con todo, ninguén sabe o que pode ocorrer dentro dun prazo moi longo de tempo, é moi difícil predicir que ocorrera dentro de tanto tempo, se é que a humanidade chega alí o máis seguro é que non nos parezamos en nada ao que agora somos.

Non obstante podemos ver todo este asunto dende un punto de vista máis amplo, pode que non suframos os efectos da selección natural e que non nos adaptemos ao medio da forma que o facíamos, pero seguimos nun proceso de evolución, o rápido avance do coñecemento e da tecnoloxía humana pode ser considerado unha forma de adaptación a novos retos.

É máis, grazas aos avances tecnolóxicos nun futuro relativamente próximo, o noso corpo poderá sufrir cambios grazas a implantación nel de elementos biomecánicos que farán máis fácil a vida diaria, como por exemplo a implantación no cerebro un dispositivo que amplíe a nosa memoria.

cyborg

É imposible que sexamos capaces de ver cambios xenéticos e fenotípicos na especie humana, pola contra no é tan difícil que poidamos ver os comezos dunha nova era onde os cyborgs sexan algo máis que ciencia-ficción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s