Supoño que é algo que todos desexamos facer. Viaxar a outro planeta… O problema é que poida que pasen moitos anos ata que algún de nós poida viaxar polo espazo. Mentres tanto témonos que conformar coas imaxes que os robots científicos nos mandan dende alí. Un exemplo de robot que está cumprindo o noso soño é o Curiosity, unha sonda enviada en 2012 pola NASA cuxo principal obxectivo é esclarecer se Marte puido albergar vida no pasado.
Aparte dese obxectivo o Curiosity tamén nos permite imaxinarnos que veríamos se estiveramos na superficie do planeta vermello, gracias a panorámicas como a que traemos a continuación. Esta espectacular imaxe foi elaborada polo fotógrafo Andrew Bordov a partir dun mosaico de case 300 imaxes tomadas pola sonda americana. Animámosvos a seguir o link para poder manexar a cámara como se de Google Street se tratara.
Acceso a panorámica | Mars Gigapixel Panorama