Premios Mestre Mateo

Este ano os premios serán o 6 de Abril no Teatro da Ópera na Coruña.
Este ano os premios serán o 6 de Abril no Palacio da Ópera na Coruña.

Os premios Mestre Mateo son unha serie de celebracións que culminan coa entrega destes galardóns coa fin de fomentar e premiar o cine e televisión galega.

Un pouco de historia

De 1996 a 2001 a Asociación Galega de Produtoras Independentes empezou a repartir de xeito anual unha serie de premios que, en 2001 pasou a recibir o nome de Chano Piñeiro en homenaxe ao director galego.

Tamén se fóron unindo produtoras ata formar o grupo Aega.

Xa en 2003 coa finalidade de afrontar en mellores condicións o certame, organizouse a Academia Galega do Audiovisual e pasaron a chamarse “Premios Mestre Mateo“.

O nome dos premios vén dun referente da cultura galega, o artífice do Pórtico da Gloria (Catedral de Santiago), tamén alcumado como “O Santo dos Croques“.

Hoxe en día

Despois dunha serie de actividades, ten lugar a entrega de premios, na que os membros da academia entregan os premios aos gañadores,  escollidos por votación entre os mellores traballos presentados o ano pasado.

Galardón mestre mateo

Os premios

A gala acostuma a celebrarse en Abril e conta cos seguintes premios:

  • Mellor longametraxe
  • Mellor longametraxe documental
  • Mellor película de TV
  • Mellor programa de TV
  • Mellor serie de TV
  • Mellor documental
  • Mellor produción interactiva
  • Mellor produción de publicidade
  • Mellor curtametraxe de ficción
  • Mellor curtametraxe de animación
  • Mellor dirección de produción
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor maquillaxe e perruquería
  • Mellor deseño de vestiario
  • Mellor dirección artística
  • Mellor montaxe
  • Mellor son
  • Mellor guión
  • Mellor banda sonora
  • Mellor dirección
  • Mellor realización
  • Mellor comunicador
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor interpretación masculina secundario
  • Mellor interpretación feminina protagonista
  • Mellor interpretación feminina secundario
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s