“O apóstolo” arrasa nos Premios Mestre Mateo 2013

Fotograma de "O apóstolo"
Fotograma de “O apóstolo”

Ninguén é profeta na súa terra.

Este refrán é popularmente coñecido entre todos nós, e adoita a ter razón en moitos casos. Mais esta vez non se cumpriu. Se tivéramos que dar un nome da película protagonista durante a edición dos Premios Mestre Mateo deste ano, esta sería sen dúbida ningunha “O apóstolo”. A película dirixida polo compostelán Fernando Cortizo, logra 6 galardóns na noite pasadaMellor longametraxe, Mellor música orixinal, Mellor dirección, Mellor son, Mellor dirección de produción, e mellor dirección de arte– recibindo finalmente un gran recoñecemento polo colosal e pioneiro traballo levado a cabo na devandita película de animación. Na outra cara da moeda temos a “Invasor” que tras sonar como protagonista días antes da gala tan só se conseguiría alzar cun premio.

A gala foi presentada pola actriz, Cristina Castaño, tras “asasinar” ao inicial presentador da gala Ricardo Barreiro; ao cal de nada lle serviría abrise paso entre os zombis para chegar ao teatro da Ópera da Coruña. Uns zombis que serían o fío condutor da gala e que servirían para explicar a ausencia de Luís Tosar –gañador ao premio Mellor actor masculino protagonista-.

O primeiro premio da noite –Mellor actriz de reparto –  sería para unha reivindicativa Mabel Rivera, que malia non ter preparado ningún discurso deixaríanos unha das frases da noite: “Eu son do Ferrol de Concepción Arenal, non do Ferrol do Caudillo” en relación á súa terra natal e á película na que traballou.

A cerimonia estaría cargada de homenaxes, destacando sobre todo a entrega do premio de honra Fernando Rey á serie infantil da TVG Xabarín Club pola súa enorme labor na difusión da cultura galega entre os máis pequenos. Tamén habería un momento musical, coa interpretación dun dos temas da película “Les miserables” por parte dalgúns dos asistentes da gala.

Unha das razóns polas que vilamor levou o premio á mellor fotografía.
Unha das razóns polas que “Vilamor” levou o premio á mellor fotografía.

Outra das películas protagonistas foron “Vilamor” con dous galardóns –Mellor actriz feminina protagonista a Sabela Arán, e Mellor Fotografía- Alberto Díaz recollería este último premio protagonizando outro dos momentos reivindicativos da gala ao dirixirse directamente ao conselleiro de cultura Jesús Vázquez, presente na gala, e dicirlle que “un país sen lingua, un país sen educación, un país sen investigación non é un país”.

Tamén é de destacar a pioneira inclusión da categoría Mellor serie web, que tería por gañador a serie Angélica y Roberta; demostrando a necesaria adaptación do audiovisual galego ás novas tecnoloxías.

A gala finalizou coa música de apertura do Xabarín Club finalizando así a homenaxe que a gala fixo ao porco mais coñecido da nosa televisión.

Podedes botarlle un ollo aos demais gañadores aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s