Por que dicimos “patata” ao sacar unha foto?

sorriso

Unha pregunta curiosa esta. A verdade é que nunca se me pasara pola cabeza ata uns días atrás nunha viaxe que fixen a Ourense. O certo é que a primeira vista as patacas e a fotografía teñen a mesma relación entre si que telescopio e cebola, por poñer un exemplo. Mais as cousas non adoitan a ser o que parecen.

O certo é que se analizamos un pouco os sons da palabra castelá “patata” podemos observar que esta inclúe dous fonemas /t/, que dentro do campo da fonoloxía caracterízase por ser un fonema oclusivo dental xordo. Este segundo adxectivo (dental), xunto coa abundancia de letras a, é o que o fai esta palabra ideal para as fotos. Parece ser que pronunciar a letra fai que o noso rostro pareza máis natural e relaxado (sempre que non abramos demasiado a boca) e o son da letra t fainos ensinar os dentes. Estes factores converten a palabra “patata” nun sinxelo medio que nos a axuda a esbozar o noso mellor sorriso para que quede inmortalizado polo fotógrafo.

O feito de dicir unha palabra sen sentido aparente para intentar saír mellor nas fotos non é exclusivo de España, senón que cada país ten unha palabra característica. Xa en latinoamérica cambian a nosa patata por whisky. Se nos imos a algún país de fala inglesa por exemplo adoitase a dicir cheese (queixo), en Francia dise ouistiti (un tipo de primates), en Alemaña spaghetti ou käsekuche (un doce de queixo), en Finlandia Muikku (un tipo de peixe), en Portugal tan so din a letra X… Como vedes en todos os lugares o significado da palabra non é  relevante, senón o que se busca é determinados sons que nos axuden a sorrir.

Xa sabedes logo. A próxima vez que saiades mal nunha foto, probade a cambiar o “patata” por outra palabra porque ao mellor resulta que tedes un sorriso estranxeiro.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Pensaba que ía ser artigo sobre a introdución do palabro castelán en Galiza, mais levei unha sorpresa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s