Tamén coñecido como “papiroflexia”, este termo refírese á disciplina oriental que crea figuras a base de pregar follas de papel coas mans.
Os resultados son do máis variado, dende o clásico avión de papel ata figuras tan espectaculares coma cisnes.
Orixe e expansión
Esta disciplina naceu nas cerimonias da nobreza asiática con motivo de que o prezo do papel non era alcanzable para calquera.
Máis tarde, este reduciríase e o origami estenderíase a todas as clases sociais.
Séculos despois, cando os exploradores estableceron a “Ruta da Seda” con Marco Polo como referente, a “papiroflexia” foi achegada a occidente.
Beneficios
Estudada por pedagogos e psicólogos esta disciplina achega indubidables beneficios.
Por un lado, axúdanos a desenvolver destreza e precisión, dótanos de creatividade e déixanos momentos de distracción.
Por outro lado, está demostrado que as actividades manuais axudan a mellorar a autoestima, desafógannos e nos afastan dos nosos temores e obsesións.
Así pois, o “origami” é usado incluso como terapia nalgunhas ocasións.
Creacións
Como dixemos, as figuras que se poden crear son moi variadas e espectaculares. Na súa maioría parten dun rectángulo ou un cadrado de papel e a partir de aí fórmanse animais, obxectos, xoguetes…
Algunhas figuras de “origami” son:
Paxariña
Pico de paxaro
Barco
Cisne
3 Comments Add yours