A canción de 1000 anos de duración

longplayer
Interpretación en directo dun fragmento da longa peza.

A maioría de nós se nos din que temos que escoitar unha canción de tres cuartos de hora xa nos parecería moi larga, pois imaxinade que vos invito a escoitar unha canción dunha duración total de nin máis nin menos que 1000 anos na cal a combinación de sons usada non é repetida durante todo ese tempo.

Isto foi o que se propuxeron os creadores do proxecto Longplayer. Baseándose  nunha composición para cuncas tibetanas do autor británico Jem Finer de 20 minutos e 20 segundos de duración –“pista fonte”– a cal transportaron 6 tons diferentes.

Unha vez feito isto reproducíronse ao mesmo tempo as seis pistas facendo que cada dous minutos se volvera a comezar dende un punto lixeiramente avanzado ao que se comezou na vez anterior. O grado de avance que se fai en cada pista variará dunhas a outras facendo que ao repetir non estean soando os mesmos fragmentos da “pista fonte”. Axustando o avance de cada pista crearon o número de combinacións necesario para que a seguinte vez que volvan coincidir as 6 pistas no principio sexa dentro de 1000 anos; creando desta maneira unha peza na que non se repite ningún patrón durante todo ese tempo.

Isto podémolo ver máis graficamente na seguinte imaxe. Podemos observar ás seis variantes da “pista fonte” na lenda da dereita, a lonxitude horizontal total correspóndese coa duración total da “pista fonte” e as partes resaltadas en vermello indícannos as partes que se están reproducindo nun determinado momento. As zonas resaltadas iránse movendo co tempo adoptando unha posición distinta en cada momento at chegar aos 1000 anos.

Esquema da parte da canción que se está reproducindo (10/06/2013).
Esquema da parte da canción que se está reproducindo (10/06/2013).

Este proxecto comezouse o 31 de decembro de 1999 ás 0.00 da noite (ou 1 de xaneiro de 2000, segundo se considere) e se todo vai segundo o previsto ten pensado rematar o mesmo día á mesma hora do ano 2999.  A reprodución está levada a cabo por un ordenador aínda que houbo momentos nos que persoas interpretaron partes de dita canción, como por exemplo entre o 12 e o 13 de setembro de 2009 (imaxe principal).

Vista a envergadura do proxecto, podémonos decatar dalgúns dos inconvenientes que aparecen ao ser necesario reproducir a obra durante todo un milenio. Un exemplo claro é a obsolescencia inevitable que sufrirán os aparellos destinados a reprodución. Para iso os desenroladores de dito proxecto non usaron ordenadores convencionais senón que se serven dun pequeno aparello electrónico similar aos empregados nas misións de longa duración de sondas espaciais como forma de intentar durar o máximo posible. Aínda así, tamén existe un aparello mecánico auxiliar para seguir coa música en caso de erro dos outros aparellos.

Se queredes escoitar a reprodución en directo de dita peza podedes seguir o enlace que se mostra ao pé do artigo.

Escoitar Longplayer en directo | Reproducir

Máis información | Longplayer Oficial (en inglés)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s