Xosé Manuel Olveira, “Pico”

Xosé Manuel Olveira, máis coñecido como “Pico” foi un prolífico actor tanto en teatro, como na televisión e no cine.

Pico

Nado na parroquia de Esteiro (Muros) o 7 de setembro de 1955, aínda que o seu palmarés como actor de teatro supera as 30 obras (“O florido Pénsil”, “Binomio de Newton”, “Si o vello Simbad volvese ás illas”, “A fiestra valdeira”, “Saxo Tenor”…), os papeis que o sacarían do anonimato e o aproximarían ós fogares galegos serían o de párroco en “Mareas Vivas” (Don Amancio), o de avogado en “Pratos Combinados” (Pedro Barreiro).

No mundo da gran pantalla, contamos coa participación de “Pico” en filmes tan recoñecidos como a adaptación da obra de Manolo Rivas, “A Lingua das Bolboretas”; unha das obras máis coñecidas do recente premiado polas Letras Galegas, Vidal Bolaño, levada ó cine, “Doentes”; e outras tantas das que destacamos: “A biblioteca da iguana”, “Os xirasois cegos”, “O Apóstolo”, “O ano da carracha”, “Cela 211” e un longo etcétera.

"Pico" e "Morris" no filme "Doentes"
“Pico” e “Morris” no filme “Doentes”

Nos seus derradeiros días viuse obrigado a se afastar do mundo dramático para se intentar repoñer dun cancro que ameazaba a súa saúde, por desgraza, a doenza puido con el.

Así, o 13 de xuño de 2013 e con 57 anos, finou un dos rostros máis coñecidos do audiovisual galego, na capital compostelana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s