O verán xa está aquí

As augas cristalinas das Illas Cíes son unha clara mostra do que podemos desfrutar nesta estación.
As augas cristalinas das Illas Cíes son unha clara mostra do que podemos gozar nesta estación.

Aínda que non o pareza debido ao mirar polas ventás, hoxe ás 07:04 (GMT+1)  acaba de comezar o verán unha estación que nos acompañará ata o 22 de setembro de 2013. Como ben nos recorda Google co seu doodle, o comezo da época estival ven marcada co chamado solsticio de verán, o cal se corresponderá con día máis longo do ano: 15 horas e 3 minutos. Curiosamente este día tamén coincide co afelio (o día no cal a distancia que separa a Terra e o Sol é maior), feito que como moitos xa saberedes non influirá para nada nas estacións terrestres, sendo estas determinadas pola inclinación do eixe de rotación soamente.

Desgraciadamente esta estación non virá acompañada de ningún eclipse xa sexa de Sol ou de Lúa. O que si nos acompañará serán as tradicionais Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo, a famosa chuvia de estrelas que acadará o seu máximo na noite do 12 ao 13 de agosto. A primeira lúa chea chegará o 23 xuño, e repetirase de novo o 22 de xullo, o 21 de agosto e 19 de setembro.

Polo demais solo nos queda desexarvos un bo verán e esperar que non se cumpra as previsións meteorolóxicas que facía hai un mes un canal francés sobre a ausencia de bo tempo durante esta estación.

Como xa ven sendo habitual deixámosvos cun vídeo cunhas imaxes dunhas espectaculares paisaxes que nos recordan o que podemos ver coa ausencia das nubes.

Máis información sobre os eventos deste verán | IGN

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s