Como continuación do artigo de “Origami” tráiovos o que será o primeiro dunha serie de titoriais de como facer figuras básicas con papel.
Nesta ocasión imos co “Pico de paxaro”:
1. Necesitaremos un folio rectangular (válenos o típico DIN A4):
2. Dobrarémola á metade:
3. Volverémola a dobrar á metade, pero nesta ocasión con menos forza pois só nos interesará a marca para saber o centro:
4. Como se amosa na imaxe, dobraremos o folio de xeito que os bordos superiores coincidan coa liña que marcou o paso anterior:
5. Observamos que para lograr un triángulo, sobra, na parte inferior da figura un rectángulo de papel; pois ben, realmente son dous rectángulos producto do paso 2. Así, abriremos ditos rectángulos de xeito que cada un superpoña cadanseu lado:
6. Adaptaremos os límites da figura para obter o triángulo perfecto, como o da imaxe:
7. Poderemos agora, ir á parte inferior do triángulo e abrir a base de xeito que podamos forzala e obter un cadrado:
8. Para isto, facemos forza sobre os extremos da base. Así, abrirase a figura e obteremos o cadrado que diciamos e que observamos na imaxe:
9. Buscamos agora obter de novo un triángulo. Para iso, levamos as puntas que sobresaen do cadrado, ó vértice superior da figura, cada un a cadanseu lado, de xeito que quede a base aberta para poder facermos o mesmo ca no paso 8.
10. E repetimos os pasos 7. e 8. coa nova figura:
11. E obtemos un novo cadrado:
12. Para rematar, dobraremos á metade o cadrado para obtermos un triángulo:
13. E xa está, se buscamos na parte anterior da nosa figura, observaremos que hai dous buratos para poder introducir os dedos das mans.
Teremos así o pico dun paxaro, que controlaremos ó abrir e pechar os dedos:
Artigos relacionados:
One Comment Add yours