O raio verde

Non hai nada como ver unha posta de sol, podemos tela visto miles de veces que non cansamos de contemplar ese cor vermello característico. Esta experiencia case mística pode ser mellor se é que temos a sorte de observar o raio verde.

O raio verde é un efecto óptico abraiante moito máis común do que pode parecer. Consiste en que durante un instante de tempo podemos ver un raio de luz dun cor verde esmeralda enriba do sol cando este está a punto de desaparecer na liña do horizonte.

Este fenómeno óptico saltou á fama cando foi tratado por Jules Verne na súa novela  “Le Rayont Vert”. Nun principio o fenómeno do raio verde estaba envolto nunha nube de misterio,de feito críase que non existía o fenómeno como tal senón que a visión do raio era unha ilusión producida por contemplar a posta de sol durante demasiado tempo. Non foi ata o ano 1954 cando se puideron sacar fotos de raios verdes e demostrar así a súa existencia. Hoxe en día xa podemos explicar a razón pola que ocorren.

Verne-Paprsek-fronti

Os raios verdes son debidos á refracción da luz ao pasar a través da atmosfera. A concentración de aire diminúe coa altura polo que a luz viaxa a unha velocidade maior polas capas máis altas. Esta  asimetría produce que a traxectoria seguida pola luz sexa curva. Por outro lado a curvatura que describe o raio depende da frecuencia, é por isto que mentres aqueles raios de frecuencias mais baixas (os vermellos e amárelos) se curvan pouco e non conseguen chegar a nós, os raios de frecuencias máis altas (verdes e azuis) se curvan o suficiente como para a describir a liña de curvatura da Terra e polo tanto chegar ao observador. Por outra parte a luz azul normalmente non se chega a ver xa que se dispersa.

images

Cabe destacar que este fenómeno non é exclusivo das postas de sol, tamén pode ser visto ao amencer e incluso sobre outros obxectos brillantes como Xúpiter a Lúa ou Venus, de todas formas o modo máis fácil de velo é no ocaso do sol.

Se queredes poder chegar ver este o raio verde en directo hai algúns consellos que debedes ter en conta: O mellor para poder velo é facelo sobre un horizonte sen obstáculos (por exemplo sobre o océano) ademais será mais fácil velo canto máis limpo este o aire.

Recorda que aínda que o sol estea poñéndose aínda é perigoso miralo directamente. Poderás miralo cando só se vexa o borde superior do sol (que de feito é cando aparece o destello verde). De todas formas se queres poder observar o sol sen ningún tipo de risco o mellor é facer unha proxección solar.

One Comment Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s