Achegámosvos unha das figuras máis famosas desta arte, a paxariña.
1. Usaremos un folio rectangular. O problema é que para facer a figura ten que ser cadrado. Para lograr isto, faremos o que se indica nas imaxes, axudados dunhas tesoiras:
Dobramos segundo se indica.
Cortamos o restante.
E obtemos o cadrado, cunha dobrez que nos servirá para facer a figura.
2. Neste paso prepararemos o cadrado de papel para realizar a paxariña.
Realizaremos, pois, unha serie de dobreces:
Xa temos unha diagonal, faremos a outra.
E nos quedan a horizontal e a vertical.
3. Seguimos a necesitar máis dobreces. Agora, levaremos cada vértice do cadrado completamente extendido, cara o centro, como se amosa:
4. Teremos que darlle a volta á figura resultado do apartado anterior e repetir o paso 3. ; é dicir, volver a levar os vértices ó centro:
5. Se agora lle damos a volta á figura, observamos que hai catro lapelas. Seleccionaremos unha, de xeito arbitrario.
Sen tocar esta lapela, desfaremos o resto das dobreces:
E chegamos a algo así:
6. Xa case temos a figura, quedaranos invertir algunhas dobreces e estaremos listos para gozar da nosa paxariña:
E obtemos unha figura como a da imaxe.
(Nota: Pode que sexa necesario empurrar o centro da figura para que sobresaia, como se ve na fotografía).
7. Collamos a lapela e invirtamos a dobrez que a recorre:
8. Con coidado de manter a lapela en forma de pico, dobraremos a figura á metade:
9. E xa podemos desfrutar da nosa paxariña:
Artigos relacionados