Como funcionan realmente os deterxentes?

Estamos acostumados a usar os deterxentes todos os días para lavar a roupa, pero realmente que é o que fan para que despois de saír da lavadora a roupa sempre este limpa?

dosifica

Esta resposta encóntrase na química. Concretamente nunha propiedade, a propiedade que teñen os compoñentes fundamentais de calquera deterxente ou xabón: a tensoactividade

Para entender como funcionan as substancias tensoactivas o primeiro que hai que entender é o que é a tensión superficial. Pois ben, a tensión superficial é unha forza que  aparece nos líquidos que tende a contraer o máximo a súa superficie exterior. A tensión superficial é responsable, por exemplo, de que as gotas de auga teñan forman esférica.

Normalmente a roupa que usamos está feita con tecidos formados a partir de filamentos. Estes tecidos teñen moitísimos ocos diminutos. Cando nos manchamos a sucidade e a graxa quedan incrustadas na superficie do tecido pero tamén nestes ocos. É dicir, para limpar a fondo un tecido necesitamos atravesar os ocos.

descarga

Pero, que substancia podería atravesar os minúsculos ocos do tecido? Nun principio poderíamos pensar na auga, pero o certo é que a súa tensión superficial impide que pase a través dos ocos. E precisamente aquí é onde entran as substancias tensoactivas: estas substancias encárganse de reducir a tensión superficial da auga, facela capaz de atravesar o tecido e polo tanto arrastrar toda a sucidade incrustada. Deste xeito, a sucidade sácase fora do tecido, para acabar coa limpeza cómpre disolver a sucidade (a temperatura axuda a que isto suceda) e por último separar os restos de suciedade da roupa axitándoos co movemento da lavadora.

Nos deterxentes convencionais a proporción de tensoactivos é baixa. Non obstante, nos últimos anos apareceron os deterxentes concentrados que non son outra cousa que deterxentes cunha proporción maior de tensoactivos. Con menos cantidade de produto obtemos os mesmos resultados, polo que estes produtos son mellores para o medio ambiente.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzaríndamortereturnswithhisson di:

    Entón a tipa esa do anuncio non viña do futuro nin nada! Vaia embusteira!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s