O Hobbit: Unha viaxe inesperada (2012)

Director: Peter Jackson

Actores principais: Ian McKellen, Martin Freeman, Richard Armitage

Hobbit1

Sinopse:

Moito antes de que a comunidade do anel emprendera a súa viaxe cara o Monte do Destino, moito antes de que o Sauron recobrara forzas, un hobbit, emprendeu unha aventura.

Bilbo Bolseiro vivía tranquilo na Comarca, nunha vida sen sobresaltos, sen sustos, monótona.

Un día, un vello amigo da familia, Gandalf, o Mago Gris, chegou, e asi, cambiaría a Bilbo para sempre.

Emprendería o noso hobbit, un camiño cara un novo mundo. Acompañado duns ananos, intentará recuperar un tesouro custodiado por un dragón.

Da primeira parte da viaxe, trata esta primeira parte da triloxía.

Ananos

Análise:

Antes de nada, dicir que este filme está sacado dun libro, poderemos facer dúas análises logo, unha a modo de adaptación directa do libro e outra como película en si.

Para min, terá máis valor a segunda.

Pois ben, como adaptación, atopámonos cun punto singular neste campo.

Se ben o que adoitamos a ver nos filmes baseados en libros son escenas rápidas e case inconexas, ó vermos “O Hobbit” atopámonos cun argumento máis extenso ca o do libro, cando o motivo disto seguramente sexa ocupar pantalla para poder vender a triloxía de case 3h cada parte.

Así pois, como adaptación directa do libro, deixa que desexar dende un punto de vista puritano.

Porén, se agora vemos o filme como o que é, un filme; teño que recoñecerlle varios méritos.

Aínda que o argumento pareza simple, algúns diálogos seguen cargados da paixón que tiñan os das tres películas anteriores de Peter Jackson.

As tramas metidas a maiores non ensucian o fío inicial e encaixan con suficiente homoxeneidade.

A banda sonora, sabe recuperar as cancións máis entrañables para os fans e á vez construír novos sons.

Como pega, direi que no campo visual, mentres que algúns decorados son abraiantes, outros contrastan pola súa simplicidade. Por outro lado, a adaptación dalgúns ananos é, cando menos, algo forzada.

Valoracións:

IMDb:              8.1

Filmaffinity:    7.3

Persoal:         7.8

Advertisements

2 Comments Add yours

  1. Odanzaríndam...sonwhoisevenbetterdancerthanhim di:

    Á verdade, é que dende o meu punto de vista poderían haberse aforrado a película do “Hobbit”. Non quero dicir que sexa unha mala película, pero para min non ten tanto sentimento como teñen as de “O señor dos aneis”. Ademáis, o libro (o cal lin) é o máis pequeno de todos e aínda encima queren facer non sei cantas películas del… A min chéirame a querer acender os cigarros con billetes de cincocentos…
    Non foi unha película que me gustara moito, pero para gustos os colores!
    Un saúdo.

    1. dufresnizado di:

      Tes razón cando dis que posiblemente sacan a triloxía para encher o peto e xa dixen que como adaptación deixa bastante que desexar pero como película, polo menos a min, apórtame certo engado, se ben sigue sen ser comparable ás 3 anteriores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s