Existen numerosas discusións para lograr unha definición axeitada do que é a arte, o seu significado está suxeito a diferentes interpretacións segundo a cultura, sociedade e incluso época na que nos situemos.
Non obstante a pesar de todas esas discordancias, podemos dicir que o equilibrio é unha das bases fundamentais da maioría das obras artísticas. Esta idea é a que toma ao pé da letra o autor desta curtametraxe Tobías Hutzler, tomando o equilibrio físico propiamente dito e transformándoo nunha obra artística.
Este vídeo está protagonizado por Mädir Eugster, o cal traballa no circo RIGOLO Swiss Nouveau Cirque; e é unha auténtica obra de arte, recoméndo encarecidamente que o vexades.
IN-CRI-BLE!! Xa vira algo parecido no formigueiro fai tempo, e pareceme unha maravilla. Tanto manter o equilibrio desa maneira (que a min en calquer momento dame un espasmo e vaise todo ó carallo) como o efecto óptico nalgún dos planos da grabación (houbo un momento no que me perdín e os paos semellaban estar voando!). E despois nada, o tipo vaise que terá máis cousas que facer jajaja

Para min, esto é máis arte que outras cousas, como a merda de escultura que hai en Oleiros sobre o Ché Guevara (adxunto aberración):
Encántame!!!!!!!!!