Now you see me (2013)

ahora me ves

Ficha da película

Título: Now you see me (orixinal), Agora vesme… (en galego), Ahora me ves… (en castelán)

Director: Louis Leterrier

Actores principais: Jesse Eisenberg, Mark Ruffalo, Woody Harrelson, Mélanie Laurent, Isla Fisher, Dave Franco, Michael Caine e Morgan Freeman.

Sinopse

Now you see me enfronta a un equipo de elite do FBI nun xogo do gato e o rato contra “Os catro xinetes”, un super-equipo dos catro mellores ilusionistas do mundo. Estes levarán a cabo unha serie de atrevidos roubos contra líderes empresariais corruptos durante os seus espectáculos de maxia, facendo chover os cartos conseguidos sobre a súa audiencia. Todo isto diante das narices dos axentes do FBI que anda tras eles.

"Os catro xinetes" durante a súa primeira actuación.
“Os catro xinetes” durante a súa primeira actuación.

Crítica

A película comeza cun ritmo frenético coa presentación dos catro ilusionistas, os cales atopan unha misteriosa carta que os cita nun lugar e nunha hora determinada co fin de levar a cabo o espectáculo de maxia definitivo. Este ritmo de película manterase practicamente constante evitando que nos aburramos nin tan sequera un instante, recordando en moitos casos a unha película de acción.

Toda esta acción e espectáculos visuais, lonxe de parecer repetitiva, serve como posta en escena das ilusións que realizan “Os catro xinetes” e mais da persecución policial que serve como verdadeiro fío condutor do filme. E recalco o de verdadeiro, porque ao ver o final do filme semella que a intención dos creadores era parecerse a outras coñecidas películas de magos como son The Prestige (O truco final) ou The Illusionist (O Ilusinista), creando un misterio ao inicio da longametraxe, para logo ir creando máis e máis tensión para revelalo ao final da mesma.

Isto último é o que non consegue a película, digamos que o misterio vese superado pola acción, provocando que cando este é revelado case non nos lembremos de que este estaba sen resolver.

Mark Ruffalo e Morgan Freeman durante unha parte do filme.
Mark Ruffalo (Dylan Rhodes) e Morgan Freeman (Thadeus Bradley) durante unha parte do filme.

En canto ao traballo dos actores podemos dicir que fan, en xeral, un traballo correcto, tendo que destacar decepcionante papel das dúas estrelas Morgan Freeman e Michael Caine, máis polo forzado que parecen as súas personaxes que pola súa actuación en si. Semella que tan só foron contratados co fin de que se converteran nun reclamo de audiencia.

Outro atractivo do filme, que tamén lle axuda a manter ese ritmo frenético, son os propios espectáculos de maxia levados a cabo polos protagonistas. A pouco que che gusten ditos espectáculos gozarás como un neno vendo como son levados a cabo os numerosos trucos de mentalismo, de cartas, de aparición, etc.

Valoración final: 7

Esta mestura da saga Ocean’s e unha película de magos convértese nun filme entretido co que pasarás un bo rato no cine, pero quedándose lonxe do resultado que semella que pretendía acadar.

Trailer

Ficha en IMBD
Ficha en FilmAffinity
Paxina oficial | Now you see me (official) (en inglés)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s