Condutores, “Mar de electróns”

Prememos o interruptor e acéndese a luz, metemos as mans molladas no enchufe e podemos morrer electrocutados… parece case intuitivo.

Vexamos o porqué da condución eléctrica e comprendamos un pouco mellor como funciona o mundo de cables que nos rodea.

cables

Por suposto, non todos os materias son condutores, quedémonos só cos que nos quedan máis cerca, os metais, ben sexa ferro, cobre, ouro, prata…

Para entender o que lles leva a estes elementos a ser bos condutores, teremos que ir ao mundo atómico.

Aínda que na realidade a explicación precisa non é a que imos contar, a modo de esquema usaremos unha teoría coñecida como “Mar de electróns”.

A materia está constituída por átomos, e os átomos por un núcleo e electróns situados arredor del en capas.

Para acadar a máxima estabilidade, os electróns da última capa do átomo deberían ser 8, pero como se sabe, só un número limitado de elementos ten esta composición.

Así pois, os átomos de distintos elementos xúntanse entre si, para intercambiar ou compartir electróns e acadar os 8.

Os enlaces metálicos son un caso no que os electróns se comparten.

Para entendelos, imaxinémonos un grupo de rapaces, con pelotas, cada un ten menos de 8 pelotas, pero se se xuntan e empezan pasarllas aos outros de xeito que as bólas non sexan de ningún e sexan de todos á vez, poderán acadar un estado estable.

Esta é unha idea xeral e esquemática de como funciona a nivel atómico estes enlaces.

Mar de electrons
Os círculos grises representan os núcleos dos átomos e os verdes, os electróns.

Pois ben, nesta rede de movemento de pelotas, se alguén externo á cadea introduce un novo esférico, pasará case desapercibido e con bastante facilidade, posto que cada bola non está suxeita a ningún rapaz en concreto.

O mesmo pasa cos electróns, se a un condutor lle pedimos que empece a deixar pasar electróns novos a través del, non lle importará demasiado posto que a súa configuración interna xa contempla esa posibilidade.

  • Daquela, por que non todos os materiais son condutores?

Non todos os elementos acadan a estabilidade dos 8 electróns na última capa deste xeito, outros simplemente agrúpanse en parellas, tríos… cos electróns suxeitos a cada núcleo.

  • Pero se a auga non é un metal, por que conduce?

Para empezar, a auga é unha moi mala condutora debido a que a súa composición interna é distinta da explicada. Aínda así, normalmente, leva sales diluídas que axudan a conducir a electricidade.

Por outro lado, por moi mal condutora que sexa, tampouco é boa illante, polo que exposta á voltaxe suficiente supón un gran perigo se non se toman as precaucións necesarias.

Aclarar finalmente que a teoría explicada non é exactamente a verdadeira, pois, por exemplo, non contempla a existencia de semicondutores, pero a modo esquemático, achégase á realidade o suficiente e moitas veces axuda a simplificar algúns casos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s