“Perseidas (As Bágoas de San Lourenzo)”

Mirade, aló arriba, Perseo está a chorar.

Chegou o momento de admirar un dos pequenos detalles cos que nos agasalla o verán, un espectáculo digno de ser gozado ano tras ano; chegou o momento de alzar a vista e ver as estrelas actuar para nós.

Coñecidas como Perseidas ou de xeito máis popular como Bágoas de San Lourenzo, son unha chuvia de estrelas fugaces da que podemos gozar todos os veráns dende o hemisferio norte.

Non é o fenómeno máis intenso deste tipo ó longo de todo o ano, pero debido a que a súa época de máxima actividade coincide co verán (ceos despexados, bo tempo…) si é o suceso que mellor se pode apreciar e que maior acollida recibe.

Perseidas

Un pouco de historia

Temos que ir ata o século I para atopar a primeira referencia ás Perseidas, etapa na que textos chineses fan referencia a un fenómeno similar ó descrito que acontecía durante a época estival.

Porén, ata o ano 1835, non atopamos unha descrición detallada, aportada por un astrónomo belga que nos fala dunha chuvia de estrelas anual en agosto, visible na porción de ceo que lle corresponde á constelación de Perseo.

Orixe

Cando as partículas que un cometa deixa ó seu paso no espazo entran en contacto coa atmosfera da Terra, estas desintégranse, brillan e visten ó ceo de gala mentres isto acontece.

Pois as Bágoas de San Lourenzo non son máis ca un caso particular disto, cada ano, a órbita da Terra entra en contacto nesta época cos restos do cometa Swift-Tuttle (astro caracterizado por un período arredor do Sol de aproximadamente 130 anos).

A etapa de máxima actividade varía cada ano, pero está comprendida entre o 16 de xullo e 24 de agosto.

Este ano, en concreto, teremos o momento óptimo para levantar a vista estes días.

Nome

Son dous os nomes máis estendidos.

Por un lado, o de Perseidas, provén da zona de ceo na que acontece o fenómeno, a constelación de Perseo.

Por outro lado, tamén se chaman Bágoas de San Lourenzo. Contan as historias que o 10 de agosto do 258 mentres queimaban ó santo despois de torturalo, os romanos puideron ver como o ceo choraba.

Constelación de Perseo

E non hai máis, dende Erdati, animámosvos a rodearvos de tranquilidade e boa compaña, nun sitio despexado unha plácida noite de verán, animámosvos a que alcedes a vista e lle deixedes ó ceo gozar das vosas caras de satisfacción. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s