Por que as veces podemos recordar os soños e outras non?

Estou seguro de que todos tivemos algunha vez a experiencia de erguernos recordando claramente o que soñamos pola noite.  É un momento realmente estraño xa que nese intre dámonos conta de que todo aquilo era un soño e agora xa estamos na vida real.

O soño é máis que un mecanismo para manter a actividade cerebral durante as noites. Recentes estudos suxiren que durante o sono consolidamos os recordos das experiencias vividas durante o dia. Soñar é importante e por iso soñamos moito. Non obstante, a pesar de que ti probablemente soñes todas as noites, recordar o que soñamos non é tan frecuente. Pero que  factores inflúen para que recordemos ou non un soño?

grande

Os científicos que estudan este tema suxiren que as persoas teñen unha maior tendencia a recordar aqueles soños nos que ocorreron vivencias intensas, cousas que poidan ser consideras máis importantes para a persoa que soña. Así que xa sabes, se é que non recordas o teu sono é posible que o teu subconsciente non o considere importante.

Por outra banda tamén é máis fácil recordar un soño se é que espertas durante unha determinada fase: Cando soñamos atravesamos varias fases que van dende a vixilia ata o sono máis profundo. Os soños poden producirse durante todo o tempo que permanecemos durmidos pero normalmente a fase na que máis soñamos chamase fase REM que é na que a actividade cerebral é maior. Se espertamos nesta fase é máis probable que teñamos un recordo vívido do soño.

Por último, tamén podemos facer cousas para axudarnos a recordar os soños. Para empezar, a mellor forma de recordalos é ter a intención. Se consideras que é algo aleatorio o máis probable é que non recordes nada. Se aínda así segues sen poder recordar os teus soños existe un truco para facilitalo. Consiste en ter sempre un caderno e un lapis á man …

539px-Bloc_de_nots

Cada vez que te espertes intenta plasmar o teu soño no papel, calquera cousa vale, unha frase, unha palabra ou ata unha imaxe, se fas isto dunha maneira prolongada verás que pouco a pouco te será máis fácil recordar os teus soños.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzarínconsono di:

    Qué curioso, desperteime hai unha hora dun sono bastante guai. O de apuntar sonos está moi ben. Grazas a este post acordeime que tiña unha libreta con alguns apuntados de fai moito tempo. Foi bastante gracioso, porque moitos son bastante aleatorios. Creo que vou retomar outra vez o de apuntalos.
    Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s