Se a alguén lle preguntan cal é o mellor número de todos probablemente moitos se decanten por números como π, ϕ ou e. A verdade é que estes números son moi curiosos, pero se tivésemos a ocasión de falar con Sheldon Cooper el diríavos que estades nun erro.
Os que sigades a serie da CBS “The Big Bang Theory” xa saberedes a que me refiro. Nun capítulo da cuarta temporada da serie, o Sheldon propón ao 73 como o mellor número de todos.
A verdade é que as súas propiedades son moi curiosas, e non só as que din en dita serie, senón que aínda por riba ten algunhas máis tamén moi interesantes. A continuación citaremos algunhas das destacadas:
- O 73 xunto co 71, compoñen os oitavos dos primos xemelgos.
- O 73 é o 21º número primo, mentres que o seu capicúa, 37, é o 12º o capicúa de 21. É máis os factores de 21 son o 7 e o 3.
- No sistema binario o 73 é 1001001, que é un palíndromo (que ao lelo en ambos sentidos da o mesmo número). Ademais está composto por 7 cifras das cales 3 son uns.
- En octal o 73 escríbese como 111.
- El e o seu capicúa tamén forman parte dos chamados números estrela, número de ocos co que se pode construír o hexagrama (estrela de 6 puntas) taboleiro das damas chinas.
Como podedes ver as súas propiedades non teñen desperdicio. E é máis se algún leva conta dos artigos que levamos publicados (o cal espero sexa así, :mrgreen:) verá que este coincidirá con este número tan especial.
Mais en erdati | O número de ouro, O número de euler.
En Youtube | El mejor numero segun Sheldon Cooper (73)