A nanotecnoloxía é un campo da ciencia con moita proxección de futuro. Poderíamos definir a nanotecnoloxía como o conxunto de ciencias e técnicas que traballan a nanoescalas. Este feito permite manipular a materia a un nivel atómico. É por isto que as posibilidades da nanotecnoloxía son infinitas
A posibilidade de acceder á escala molecular permite por exemplo a creación de materiais feitos a medida coas propiedades que queiramos. Neste campo xa se avanzou algo coa creación do grafeno e de outros derivados do carbono pero aínda queda un longo percorrido. Novos materiais con propiedades singulares poderían por exemplo formar parte dos aparellos electrónicos do futuro.
Outro campo no que pode avanzar a nanotecnoloxía é no do autoensamblaxe molecular. A partir da observación de que na natureza algunhas moléculas se creaban soas apareceu a idea de intentar reproducir estes comportamentos. Por exemplo pódese xogar coa afinidade de algúns elementos para deseñar intelixentemente unha molécula que cambie a súa forma.
Cun prazo máis longo de tempo ábrense novos camiños como a nanorobótica. Imaxina os usos por exemplo dun robot do tamaño dunha mosca. Non so sería unha ferramenta estupenda para o espionaxe, podería por exemplo axudar a un médico a facer unha operación non intrusiva con precisión nanométrica.
Pero non todo son vantaxes: Algúns científicos xa empezaron a alertar dos riscos que pode ter para a saúde humana o contacto con moléculas creadas artificialmente. Tanto se é accidental como se é intencionado (uso militar da nanotecnoloxía) os efectos sobre os seres humanos poderían ser nefastos. Outro debate que se abre é a posibilidade de perigo ambiental que poderían supoñer. A interacción das estruturas da nanotecnoloxía co medio ambiente poderían ser catastróficas.
Como sempre todo avance científico é tecnolóxico é positivo se se sabe administrar ben, pero se non se fai as consecuencias poden ser nefastas.