Acentos, certificados de procedencia

 

Un compoñente lingüístico que obviamos moitas veces cando estamos falando das características dun idioma é o chamado acento. Estámonos referindo a esa forma de falar que ten un falante dunha lingua, xa sexa esta foránea ou propia, que automaticamente delata a nosa procedencia. Isto é algo que nos os galegos coñecemos moi ben, pois non é necesario que esteamos a falar moito tempo en castelán ao viaxar fóra de Galicia para que alguén nos faga a típica pregunta: “¿Vosotros sois gallegos, no? Es que se os nota el acento…”.

Unha acento é a determinada forma de pronunciación que un falante fai do seu idioma (atendendo a sonoridade, a entoación, o ritmo…)  diferenciándose do dialecto en que este último afecta tanto á pronunciación como o léxico, a gramática e a sintaxe; aínda que cabe destacar que na práctica ambos termos teñen unha liña de separación moi difusa.

Este forma de pronunciar é susceptible a cambiar especialmente entre os menores de 20 anos. Desta maneira adaptamos a nosa forma de falar xa sexa consciente ou inconscientemente segundo o lugar ou o ambiente no que esteamos a manter a nosa conversación; mostra da nosa tendencia a amosar empatía co resto da sociedade. E, como na maioría dos casos, estes tamén serán sensibles ao paso do tempo. Basta con escoitar unha gravación dunha persoa que viviu unhas décadas antes para decatarnos deseguida de que dita persoa fala dunha forma moi distinta a nosa.

.
acentoPero logo, a que se debe esa habilidade en innata en nós para recoñecer os acentos lingüísticos? Existe certo acordo entre os expertos en que dita capacidade provén como unha maneira de detección de estranxeiros, a cal no pasado evolutivo do home sería moi útil para detectar intrusos a unha tribo, os cales serían potencialmente perigosos.

Curiosamente existe unha enfermidade cerebral chamada Síndrome do Acento Estranxeiro. As persoas que sofren este estraño síndrome comezan a falar de xeito repentino cun acento foráneo sen ter contacto físico co lugar de procedencia do acento. Dita enfermidade parece estar relacionada con danos cerebrais.

Vía Youtube | Why do we have accents? (en inglés)
Wikipedia | Máis información sobre o Síndrome do Acento Estranxeiro (en castelán)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s