“Congresos Solvay”

O século XX foi unha época de innumerables avances en todos os ámbitos, dende políticos e sociais, ata tecnolóxicos e científicos.

Destes últimos imos falar, pois foi a principios do século XX cando se produciu o primeiro Congreso Solvay.

Grazas ao mecenado do químico belga Ernest Solvay, en 1911 os científicos máis notables da época xuntáronse coa finalidade de sementar grandes avances na física cuántica.

As que nun principio empezaran na primeira década do s. XX, tiveron un gran éxito ata acadar unha frecuencia de tres anos.

Algunhas das conferencias máis destacables

O primeiro congreso (1911) reuniu a 24 dos científicos máis destacados do momento a falar sobre a división entre a física que se usara ata o momento (física clásica) e a nova física que estaba a aparecer (física moderna).

Xa por 1921, coa Primeira Guerra Mundial recente, chegou o terceiro congreso (O tema foi “Átomos e electróns“), coa ausencia dos científicos alemáns. Como consecuencia, a calidade da xuntanza viuse gravemente afectada pois eran as universidades alemás unhas das máis innovadoras nos campos desta nova física.

Chegaría o 1927 en Bruxelas, e con este ano, a conferencia máis famosa de todas, a quinta.

Nela, un novo mundo abriríase ante os ollos da humanidade; a intuición quedaría nun segundo plano.

Foi nesta conferencia onde se discutiu sobre a que se coñece como física cuántica.

O tema era “Electróns e fotóns“.

Congreso Solvay
Fotografía ds 29 participantes da conferencia, entre os que distinguimos a Albert Einstein, Marie Curie, Niles Bohr, Werner Heisenberg, Erwin Schrödinger, Max Planck…

É, precisamente desta conferencia, unha das fotos máis famosas da física. Nela, podemos ver aos 27 participantes da conferencia sentados, 19 dos cales recibiran ou recibirían o premio novel.

Dicir, que o famoso Einstein non aceptaba a aleatoriedade que implica a física cuántica e foi nesta conferencia onde dixo:

“Deus non xoga aos dados”

Ao que o físico danés Bohr respondeu:

“Deixe de dicirlle a Deus o que ten que facer cos seus dados”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s