Os escaravellos que se guían grazas a Vía Láctea…. Premios IgNobel 2013

ignobel1
Peza de papel que acredita o premio Ignobel recibido.

Todos nós coñecemos aínda que sexa tan só de oídas o que son os premios Nobel, non obstante para aquel que estea un pouco despistado, os premios Nobel outórganse anualmente a aquelas persoas que realizaron accións ou investigacións que que teñan o maior beneficio para a humanidade. Lembremos que se realizan co fin de cumprir a última vontade do científico Alfred Nobel (inventor da dinamita). O certo é que estes premios destacan pola súa solemnidade e seriedade, ademais de ser un dos premios máis prestixiosos do mundo.

Paralelamente aos Nobel, véñense entregando dende o ano 1991 os chamados premios Ignobel (xogo de palabras da palabra inglesa ignoble, que en galego significa innobre); os cales, en contraposición cos orixinais, estes destacan polo seu carácter divertido e burlesco. Estes premios son entregados nunha cerimonia que actualmente se celebra no Teatro Sanders de Harvard (antes facíase no MIT), e por se fora pouco, esta sempre é conducida por un verdadeiro premio Nobel.

A cerimonia deste ano realizouse a semana pasada, a cal por primeiro ano concedía premios en metálico de 10 billóns de dólares… de Zimbawe, equivalente a 4 dólares americanos; xunto co propio premio e unha peza de papel que o acreditaba. Os gañadores desta edición foron:

Premio de Medicina

Masateru Uchiyama, Xiangyuan Jin, Qi Zhang, Toshihito Hirai, Atsushi Amano, Hisashi Bashuda and Masanori Niimi; por estudar os efectos que tén escoitar ópera entre as persoas ás que se lle transplantou un corazón.

Premio de Psicoloxía

Laurente Bègue, Brad Bushman, Oulmann Zerhouni, Baptiste subra e Medhi Ourabah; por confirmar cun experimento que a xente que pensa que está borracha tamén pensa que é atractiva.

Os escaravellos parecen ser máis intelixentes do que pensábamos.
Os escaravellos parecen ser máis intelixentes do que pensábamos.

Premio conxunto de Bioloxía e Astronomía

Marie Dacke, Emily Baird, Marcus Byrne, Clarke Scholtz an Eric J. Warrant; por descubrir que cando os escaravellos peloteiros se perden, poden encontrar o seu camiño a casa orientándose coa Vía Láctea.

Premio de Enxeñaría para a Seguridade

Gustano Pizzo, por inventar un sistema electro-mecánico para atrapar os secuestradores de avións. O sistema tira ao secuestrador por unha trapela, empaquétao e logo tírao en paracaídas do avión para que a policía o recolla, sendo esta avisada automaticamente mediante radio por dito sistema.

Premio de Física

Alberto Minetti, Yuri Ivanenko, Germana Cappellini, Nadia Dominici e Francesco Lcquaniti; por descubrir que algunhas persoas sería fisicamente capaces de correr pola superficie dun lago, se a esas persoas e máis o lago estiveran na lúa.

Os galardonados co Ignobel de física recollendo o premio.
Os galardonados co Ignobel de física recollendo o premio.

Premio de Química

Shinsuke Imai, Nobauki Tsuge, Muneaki Tomotake, yoshiaki Nagatome, Toshiyuki Nagata e Hidehiko Kumgai; por descubrir que o proceso bioquímico polo cal as cebolas nos fan chorar é máis complexo do que os científicos se decataran nun primeiro momento.

Premio de Arqueoloxía

Brian Crandall e Peter Stahl, por cociñar unha musaraña morta para logo tragala sen masticar e así poder examinar todo os materiais expulsados nos días seguintes, desta maneira poderían saber que ósos se disolverían dentro do sistema dixestivo humano.

Premio da Paz

Alexander Lukashenko, presidente de Bielorrusia, por facer ilegal aplaudir en público E TAMÉN á policía estatal de Bielorrusia, por arrestar a un home cunha soa man por aplaudir.

Premio de Probabilidade

Bert Tolkamp, Marie Haskell, Fritha Langford, David Roberts e Colin Morga, por facer dous descubrimentos relacionados: Primeiro, que canto máis tempo estea unha vaca deitada, máis probable é que se levante; e Segundo, que unha vez que se levantou, non podes predicir facilmente o tempo que vai tardar en deitarse outra vez.

Premio de Saúde Pública

Kasian Bhanganada, Tu Chayavatana, Chumporn Pongnumkul, Anunt Tonmukayakul, Piyasakol Sakolsatayadorn, Krit Komaratal e Henry Wild, polas técnicas médicas descritas no seu reporte “Tratamento quirúrxico dunha epidemia de amputacións de Pene”, técnicas que recomendan, excepto en casos nos que o pene amputado fose comido parcialmente por un pato.

A verdade é que non teñen desperdicio e serven para demostrar que o mundo científico non é tan serio e aburrido como moitos pensan. Sen máis deixovos o vídeo coa cerimonia completa:

Vía | Premios Ignoble (oficial)

2 Comments Add yours

  1. Odanzaríndarisa di:

    Que divertido! Quen tivera catro dólares americanos… e o mecanismo dese avión para empaquetala sogra… Se Nobel estivera vivo apoiaba todo isto de seguro e ademáis, seguro que proporía un premio para matemáticos (con algunha trampiña para rirse deles, claro). E unha vez máis, Youtube esta ahí para ter máis preto todo isto.
    PS: Seguro que Nobel tamén lle daría a “gustame”😉

    1. artai di:

      Aínda así como o premio Ignobel da Paz non hai nada. Deter a un home que lle faltaba un brazo por aplaudir…. Jajajaja

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s