
Vén onda nós o outonodacabalo do aire;nos camiños da fragaos ourizos xa abren.Síntoo chegar contentoda eterna viaxeenredando entre as follasestreando friaxe.
Como moitos xa vos teredes decatado, neste os cambios de estación son un evento destacado do que nunca nos esquecemos de destacar. Esta vez, a estación que nos chega é o outono cuxo inicio ven marcado polo equinoccio do mesmo nome, o día no que teremos as mesmas horas coa compañía do sol que sen el. Comezará neste mesmo momento (22.44 GMT +1) e acompñaranos durante os seguintes 89 días ata o 21 de decembro.
Eventos astronómicos
En canto a eventos astronómicos podemos destacar uns cantos. Como chuvias de estrelas destacará por encima de todo as chamadas Xeminídas que acadarán o seu máximo o 13 de outubro.
Eclipses haberá varios. Sen dúbida o máis abraiante que se poderá observar dende a nosa posición será o total de Lúa que se producira o 18/1ó de outubro. Tamén se producirá un eclipse mixto de sol (anular ou total segundo cando e onde se observe) o 3 de novembro, pero este aparecerá so como eclipse parcial ao observalo dende Galicia.
Aínda así o evento que probablemente reinará durante esta estación será a chegada do cometa que segundo os expertos máis atrevidos está chamado a ser o cometa do século. Deste cometa xa temos falado hai tempo del. O seu nome é ISON e acadará o seu máximo de brillo no perihelio que está previsto para o 28 de novembro. Segundo as últimas predicións o seu brillo podería chegar a superar ao de Venus.
Resumo do trimestre en erdati
Como novidade imos aproveitar para destacar 3 dos artigos máis relevantes deste verán en erdati, para que lle botedes unha ollada os que aínda no lla botarades:
-Por que as pelotas de golf teñen ociños?
-Coñecemos a túa personalidade.
E como non podía faltar deixámosvos xa co tradicional video que cada cambio de estación publicamos. Esta vez non é específicamente do outono mais as imaxes merecen a pena. Forman parte dunha campaña que fixera hai anos a deputación de Lugo co fin de dar a coñecer as fermosas paisaxes desta terra.
Fonte | Ministerio de fomento
Ai… mira que non tiña previsto comentar neste artigo, pero tanta omisión de información paréceme demasiado Ignobel… En outono tamén ocorre que certo blog cumpre anos. Eu deixoo caer, o que o queira entender que o entenda.
Saúdos.
Todo ao seu debido tempo…