Queridos lectores, estimados compañeiros, apreciados amantes da cultura en galego; hoxe, é un día especial; hoxe, “Erdati” cumpre un ano de idade; hoxe, cúmprense catro estacións dende que publicamos o noso primeiro artigo; hoxe, xa pasan doce meses nos que tivemos o pracer de compartir a nosa viaxe convosco.
Fomos coma un cativo que acaba de nacer, nos primeiros meses todo é toma de contacto co mundo, aprender a manter a cabeza, a estar sentados sen caernos, sacamos os primeiros dentes… Pero os meses pasan máis rápido do que lles gustaría a moitos e aquí estamos, un ano despois, somos uns expertos gateadores e estamos en pleno proceso de aprender a andar.
Quen sabe onde estaremos para o ano que vén? Ó mellor xa teñamos aprendido a falar e teñamos deixado o chupete, quen sabe?
Agora en serio, sen metáforas nin frases bonitas, grazas por estardes aí e permitirnos medrar.
Así que non só cumprimos nós anos, a celebración é de todos, parabéns!
Resumo do primeiro ano de Erdati:
Temos nestes intres case 80 artigos, pero imos a destacar tres, que por cariño ou importancia queremos lembrar:
Parabens! Confío en que non decaiga a cousa. Seguide así.
Un abrazo,
O danzarín.
Parabéns!