Primos case irmáns

Por todos é sabido que os animais máis próximos aos seres humanos son os primates. Concretamente existen dúas especies de primates consideradas as especies non extintas máis próximas ao home: estas dúas especies son os chimpancés e os bonobos.

Ambas especies pertencen ao xénero Pan. Mentres que o antepasado común entre o ser humano e estas especies viviu fai 6 millóns de anos, o antepasado o común entre os bonobos e chimpancés viviu fai so 2 millóns de anos o que quere dicir que as dúas especies están máis emparentadas entre si que connosco.

Bonobos e chimpancés son por tanto especies parecidas, en ámbalas dúas podemos observar comportamentos que demostran gran intelixencia como o uso de ferramentas ou o desenvolvemento dunha linguaxe. Pero o máis curioso non son os seus trazos comúns senón que son aquelas características que os diferencian.

Todos viven en grupos de individuos pero as diferenzas máis notables obsérvanse na relación que teñen uns individuos con outros. Podería dicirse que cada especie ten unha filosofía vital completamente distinta á hora de relacionarse entre eles.

Os chimpancés teñen unha organización social que recorre constantemente á violencia como vía para solucionar os problemas. É común ver como algúns individuos son illados do resto do grupo se o macho dominante considera que supoñen unha ameaza ou se son demasiado débiles para loitar. Ademais son moi territoriais, se dous grupos de chimpancés reclaman a súa estadía na mesma zona poden darse ‘guerras’ entre os grupos con consecuencias catastróficas para un dos bandos.

Ein juveniler Schimpanse isst eine Frucht im Gombe Stream National Park

Mentres, os bonobos son completamente o contrario, destacan por ser tolerantes, pacifistas, e mostran máis empatía uns por outros. Outra das súas características e a gran actividade sexual existente entre os membros do grupo e é que esta é a súa forma de solucionar os conflitos. Se é que dous bonobos teñen unha disputa, en vez de reaccionar agresivamente, reaccionan acumulando estrés, para eles o sexo e unha forma de liberar ese estrés acumulado. Pola contra, as sociedades son matriarcais e as femias son as que establecen a xerarquía da sociedade.

Pan_paniscus10

É realmente curioso como estas dúas especies desenvolveron mecanismos tan diferentes para relacionarse uns con outros. Que as relacións entre bonobos sexan máis pacificas non quere dicir que esta especie sexa máis intelixente, de feito os chimpancés son capaces de facer certas ferramentas avanzadas tecnicamente (dentro do que cabe) que os bonobos non poden facer.

Pero nós, o ser humano que camiño foi o que escollemos: o do chimpancé ou o do bonobo? Ti que cres?

Pois ben, o certo e que o ser humano escolleu un camiño hibrido, podemos adoptar actitudes belicosas e territoriais como os chimpancés (non fai falla outra cousa que ver as noticias para decatarnos disto: guerras, asasinatos …). Pero tamén mostramos comportamentos propios do bonobo como o pacifismo e o altruísmo, aparte de ser nos unha especie caracterizada por ter unha forte empatía cos nosos conxéneres.

 

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzaríndoamor di:

    Anda que non son listos os bonobos nin nada… Tería que verse o baremo xeral, de seguro que os bonobos teñen máis conflitos resoltos que os chimpancés. Se é que “facer aerobic” é moito máis produtivo que pegar paos polo mundo a diante!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s