Como saír dun labirinto

labyrinth

Non sei a vós, pero a min persoalmente sempre me apaixonaron os labirintos. Ese misterio que se creaba sobre estas construcións deseñadas especificamente para que os que se internen nel non tarden moito en perderse sempre me resultou moi atraente. E ollando cara atrás na historia parece ser que poida que non son o único.

Os labirintos mais antigos coñecidos sitúanse na época de esplendor da civilización exipcia. Non obstante a admiración e o interese propiamente intelectual por estas construcións parece comezar onde sempre, en Grecia. A mitoloxía grega recollía a existencia famoso Labirinto de Creta deseñado por Dédalo; o cal foi encargado por parte do rei Minos para encerrar ao seu fillo: o Minotauro (metade home, metade touro). Este sería finalmente derrotado por Teseo co fin de que Minos accedera a casalo coa súa outra filla Ariadna.

Mais, sexamos francos o que a todos nos gustaría saber é se existe algún método infalible para se nos vemos perdidos nalgún labirinto (estou falando de labirintos físicos, non emocionais, para iso é mellor que consultedes a un psicólogo 😉 ) tentar saír del sen dificultades. Pois a resposta é SI, e ademais moi sinxelos de aplicar.

O primeiro método é o usado por Teseo na lenda grega. Este método xa se vos tería ocorrido a maioría de vós e consiste en ir estendendo un fío dende a entrada quedando desta forma marcado o camiño que tomaches para entrar, o cal será o que en sentido inverso te levará de novo a ela. Como podedes imaxinar este método tan só será útil no caso de que o labirinto teña unha soa entrada.

laberinto2

Outro método é o chamado Algoritmo de Tremaux, este algoritmo foi o usado por Lisa Simpson para saír dun labirinto de millo no que a famosa familia americana quedara atrapada (no capítulo Stop, or My Dog Will Shoot!). Dito método consiste na seguinte serie de instrucións que debes estar cumprindo en todo momento:

  1. Non sigas o mesmo camiño dúas veces.
  2. Se chegas a un cruce novo non importa o camiño que tomes.
  3. Se un camiño novo te leva a un cruce vello ou a un camiño sen saída; tes que retroceder ata a a entrada do camiño.
  4. Se un camiño vello te leva a un cruce vello, tes que tomar un camiño novo, se non é posible toma un calquera.

E finalmente, queda outro método o cal resulta o máis sinxelo de todos. Este consiste en tocar unha das paredes do labirinto e avanzar todo o tempo sen deixar de tocar dita parede. Esta forma levarate a unha saída distinta á pola que entraches, e se tan só hai unha saída, volverate traer de novo a saída orixinal. A única desvantaxe deste método é que só é válida para labirintos bidimensionais (nos que as direccións posibles son dereita-esquerda e adiante-atrás) se os labirintos fosen tridimensionais (se puidéramos elixir tamén entre arriba-abaixo) este método quedaría obsoleto ao contrario ca cos métodos anteriores.

Sabendo isto xa tedes todo o necesario para non perdervos en calquera labirinto que vos atopedes, mais recordade, para derrotar o Minotauro fixo falta a un deus, así que se volo atopades o mellor que se pode facer é fuxir.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzarindominotauro di:

    Fixeches ben en no meterte no labiririnto que é a vida porque mima…
    Xa non me acordaba dese capítulo dos Simpsons. O último método que nomeas xa o vira antes na televisión (se o di a TV ten que ser certo) fai algún tempo. É bastante interesante porque algúns roedores utilizan ese sistema para orientarse nas súas madrigueiras (ou cloacas, todo vale). Incluido o Mestre Astilla das Tartarugas Ninja.
    Quiza outro problema que teña ese método é que se se require chegar ó centro do labirinto, non funciona sempre xa que se temos un labirinto que é rata-resoluble (por chamalo dalgunha maneira) e o rodeamos cunha circunferencia (sen un cachiño, para poder entrar) ese labirinto xa non é rata-resoluble. Pero co algoritmo de Lisa si que se podería facer.
    En fin, marcho a bailar por ahí.
    Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s