Alfred Nobel

Nado en Estocolmo (Suecia), foi un inventor e químico que acadou gran riqueza debido ó seu descubrimento da dinamita.

Hoxe en día coñéceselle principalmente polos premios que levan o seu nome.

Alfred Nobel

Biografía

Medrou no seo dunha familia de enxeñeiros (con oito irmáns) e debido a isto, acadou unha esmerada formación.

Foi seu pai quen lle transmitiu o seu interese polo campo dos explosivos.

Viaxou coa súa familia cando aínda era cativo a San Petersburgo onde recibiu uns ensinos exemplares principalmente en química e idiomas

En 1863, Nobel inventa o detonador .

Pero o que marcaría a vida deste tería que agardar ata 1867, ano no que o este químico sueco introduce no mundo a dinamita, un explosivo moito máis seguro e estable ca nitroglicerina (anos antes, un irmán seu morrera nun accidente nunha fábrica de nitroglicerina).

De seguido, o uso desta nova sustancia estendeuse, patentouse en US e en UK, usouse nas minas, na construción de redes de transporte…

En 1884, sería escollido como membro da Real Academia Sueca das Ciencias.

Os irmáns de Nobel, descubriron no mar Caspio, xacementos de petróleo. El, investiu estes cartos na creación de novas explotacións petrolíferas.

Ademais disto, dedicouse a crear multitude de fábricas de armamento (chegou a ter ata 90).

En resumo, ao final da súa vida, o químico sueco amasaba entre as súas mans unha inmensa fortuna.

Morrería xa en 1896 dunha hemorraxia cerebral, co descoñecemento dos seus achegados de que a maior parte da súa fortuna sería dedicada á creación dos Premios Nobel.

A creación dos Premios Nobel

Premios Nobel

En 1888, morreulle un irmán, mais por erro, algúns periódicos creron que fora o propio Nobel o que morrera e editaron artigos con títulos do estilo: “O mercador da morte morreu”.

Ao ver isto, nun intento de que o mundo o recordara por algo mellor ca ser o responsable de innumerables mortes, incluíu no seu testamento, a creación duns premios con carácter anual para premiar ás persoas que máis tivesen achegado á sociedade.

Advertisements

One Comment Add yours

  1. Odanzarinpremiado di:

    Unha vida digna de pertencer a una longametraxe!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s