Aínda que pareza unha afirmación chocante, o certo é que recentes estudos científicos mostran que o chocolate en realidade non engorda. Así que se ti es desas persoas que se restrinxiu á hora de tomar este apreciado alimento, debes saber que o teu esforzo foi innecesario.
Este estudo foi realizado por investigadores da Facultade de Medicina e das Ciencias do Deporte en Granada, e foi publicado na revista “Nutrition”. A labor dos científicos foi analizar a relación entre o consumo de chocolate e o índice de masa corporal das persoas que o consumían, así como outros indicadores de graxa corporal, total e central. Os resultados do estudo foron concluíntes: un maior consumo de chocolate implicaba niveis máis baixos de graxa.
Pero se realmente non te preocupa se o chocolate engorda ou non, existen outras moitas razóns para tomar este alimento xa que posúe certos compoñentes beneficiosos para o organismo como os flavonoides. Debido esto o chocolate ten demostrado ser un bo antioxidante, antitrombótico e antiinflamatorio.
Con todo, os científicos insisten en non abusar do consumo do chocolate. Aínda que en cantidades pequenas sexa beneficioso, non quere dicir que o sexa se te enches de chocolate. Aínda que so fai falta sentido común para darse conta que todo ten un límite e pasarse nunca é bo.